DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 30 de decembro de 2013

FIN DE ANO

Dende que teño ... 16... máis ou menos, sempre saín o día de fin de ano.
Pero este ano por razóns de saúde familiares non vai a poder ser.
Cearemos en familia (parte da familia) e o resto da noite de festa estaremos na casa cos nenos.
Estaba pensando en facer algo diferente para que non resultara una noite triste dadas as circunstancias e descubrín esta idea a través de MUY MOLÓN, dos que como sabedes son fan incondicional.  Entre outras bonitas ideas apareceu esta, que me pareceu moi factible e vistosa para sacar unas fotos e ter un bo recordó.
 
 
Podedes descargar o PDF imprimible aquí.
 
Prometo compartir alguna foto .
 
Feliz  2014!!!


xoves, 24 de outubro de 2013

POLA DEFENSA DO ENSINO PUBLICO


Hoxe na miña casa estamos de FOLGA.
Como nai, como alumnos e como docente.
Xa esta ben!!!!



xoves, 17 de outubro de 2013

RECORDOS... ALL ABOUT YOU.

Este video pareceume delicioso.
Brillante e de bo gusto.
Desexolle á autora un futuro prometedor.



venres, 4 de outubro de 2013

Parece que despois destes dias de choiva volta o soliño para a fin de semana.
Así que temos plans para o sabado e o domingo.

O sabado pola mañá a 2º parte do obradoiro creativo

E o domingo FAIPONTING



domingo, 29 de setembro de 2013

CAMBIANDO DE ESTACIÓN...


 
Xa chegou o outono. Chove, fai frio e toca un novo cambio de armarios.
Mercar abrigos e xerseis.
O mes de setembro sempre é para min una locura.
Novos retos no traballo, e cada vez hai que enfrentarse a eles con menos recursos e máis traballo, e tamén  moita indignación.
Estes dous artigos explican moi ben o que sinto con esta situación:
 
 
 
Son dous blogues de profes de infantil, que merece a pena ter en conta. Mestras das que como moitos desexan e disfrutan con un traballo ben feito. E o consiguen contra vento e marea, a pesar de ter cada vez máis cousas en contra.
 
 
Ademais do traballo, a miña vida familiar tamén provocou estrés.
Os nenos comezaron o seu curso, con todo o que iso conleva, e non souben os horarios do conservatorio hasta a semana pasada polo que o resto de actividades estaban en pause.
Agora parece que xa todo está organizado ¡por fin!.
 
E entre todo isto o blogue abandonado.
Pasei de publicar a diario a non facelo en case dous meses.
Creo que vou a ter que atopar un termo medio.
Esta claro que teño que poner obxectivos reais.
Non sei cando voltareia publicar algo, mentras tanto BO OUTONO!
 
DISFRUTADE DO COLOR, DAS CASTAÑAS, DAS CABAZAS E DAS SETAS!
 
 
 
 
 
 


luns, 2 de setembro de 2013

NOVO CURSO !!!

Mañá comezo a traballar.
Comeza un novo curso que para min é como un novo ano.
Os nenos aínda poden disfrutar duns días máis de relax, antes de voltar á rutina.  Estarán a cargo dos avós estas mañáns hasta que o día 11 comecen o curso.
Haberá novidades para eles porque M cambia de profe,( a ver si este ano temos sorte), e S cambia de cole e pasa para o cole de Primaria, o cole dos maiores...
A que menos novidades terei serei eu que sigo no mesmo cole, facendo o mesmo traballo. De todos modos cada curso é diferente e teremonos que enfrentar cada día a algo novo.
 
Sempre que comezo teño xa preparada a miña nova axenda. Eu sen axenda (en papel...) non son ninguén, porque  teño que ter todo apuntado para sentirme segura.
Pero este ano non a teño porque levo todo o mes esperando que chegara o día  2 de setembro ás 0:00 para poder encargar a nova axenda de curso escolar feita por muymolon.
De modo que terei a sorte de disfrutar dun dos  seus estupendos, orixinais e positivos obxectos.
E esta axenda promete por dentro e por fora.
Os rapaces de Mr. Wonderfull superanse día a día.
Son alegres, positivos e rezuman ilusión por todas partes.
E como xa son as 0:00 vou a por ela aquí.


luns, 5 de agosto de 2013

CHEGOU O DESCANSO

 
Así penso estar uns cantos días,  que non de vacacións.
 
Hasta pronto!


sábado, 3 de agosto de 2013

TEITO EMPAPELADO?

Non paro de imaxinar o que podería facer co apartamento de aluguer cando se vaia o cubano.
Busco ideas que sexan orixinais e asequibles para conseguir estancias diferentes, pero funcionais e agradables.
 
Que vos parece a idea de empapelar o teito da cociña?
Gústame a papel en parte dun cuarto, nunha parede si e outras non, pero esto parece moito máis atrevido....
 
 


venres, 2 de agosto de 2013

ACTIVIDADES CON NENOS

Durante o verán  "temos que" buscar actividades para facer cos nenos si ou si, polo benestar físico e mental de toda a familia.   Pero tamén"podemos" facelas de xeito que ademáis aprendan.
Esta é a proposta de
 
 
Unha mamá moi especial que nos ofrece dosieres completísimos de actividades con nenos e nenas, e a proposta  de Xullo ¡gratis!
 
 
 


xoves, 1 de agosto de 2013

FOTOS DE NENOS

Non me  refiro a  nenos fotografiados, se non a nenos fotógrafos.
Sempre me gustou que os nenos dispuxesen dunha cámara para facer as fotos que quixesen.
A maioría das veces non valen moito pero sempre hai alguna polo medio que sorprende.
O post que publicou kireei sobre  mirada infantil na fotografía gustoume especialmente e por iso quería compartilo con vos.

Despois de varias cámaras destrozadas polos nenos: un par delas co obxectivo estropeado e outra coa pantalla escachada, optamos por unha  Nikon, á que non lle sae o obxetivo e é polo tanto a proba de nenos. Estamos encantados.





mércores, 31 de xullo de 2013

PROXECTO MAMUT

 Comecei co PROXECTO MAMUT con moita ilusión posto que é algo que me gusta especialmente.
Pero non fun capaz de avanzar como tiña pensado.
Organicei as fotos xa impresas e clasifiquei as que teño no ordenador.
Pero nin fixen selección para imprimir nin scrapeei nada, que en realidade era do que se trataba.
Agora, en vacacións teño pensado facelo. Pero como vai a ter que ser os días que pase na casa de miña nai, en agosto, fixen una bolsa, ben grande para levar todo o material e que estando todo xunto non me falte de nada.
 


martes, 30 de xullo de 2013

APRENDO A MELLORAR O BLOGUE

Como xa dixen teño a firme intención de ir mellorando o blogue, pouco a pouco e por min mesma.
Para o cal preciso de certa axuda que me van dando outras bloguers que comparten ideas e coñecementos.
Aínda así preciso de tempo, pero cando o atope xa terei os recursos necesarios.
Sobre todo sigo algún blogues que me está a axudar moito, como iste
 
 
 E este outro
 
 


luns, 29 de xullo de 2013

BLOGUES ESCAPARATES

 
Esto de bloguear, entendendo isto como ler blogues, sempre me pareceu como mirar revistas  de cousas que sabes por anticipado que che van a gustar.
Cando estas a ler una revista, do tipo ou temática que sexa, sempre aparece publicidade, que na maioría das veces paso de largo.
Sempre leo os mesmos blogues, están dentro da miña  lista de favoritos e así teño localizados todos os que me interesan.  Vounos poñendo na lista cando atopo algún que me chama a atención por algo.
Pero co tempo voume dando conta de que algún deles pouco ofrecen, xa que sólo teñen publicidade.
Non me refiro a algunhas bloguers que fan referencia a certos productos e como non indican información dos mesmos, onde mercalos, etc, pero que , ademáis fan outras valoracións, nin as que mostran algún produto novedoso que acaban de descubrir.
 Refirome a outros nos que non hai opinión alguna, son simplemente anuncios, de roupa de nenos, de productos de beleza,.... post tras post son anuncios de cousas.
Estou pendente de borrar da miña lista de favoritos algún deses porque vou comprobando que non me aportan gran cousa.

sábado, 27 de xullo de 2013

REUTILIZAR

Temos unha silla de oficina na que Marcelo fai os deberes, que é moi cómoda pero é negra e non me entusiasma para o cuarto dun neno, por iso cando vin esto a miña cabeciña xa comezou a facer plans.
 
 
Para seguir as intruccións  do tapizado aquí.


venres, 26 de xullo de 2013

SAFARI FOTOGRAFICO

Durante as pasadas vacacións de Antroido  fixen a proposta a Marcelo de facer un safari fotográfico por Pontevedra, de paso que dábamos un paseo. Pareceulle unha idea estupenda e decidimos a lista de cousas a fotografiar.
 
Foi a seguinte:
 
1- un  graffiti
2- unha porta
3- unha sinal de tráfico
4-  un toldo
5-  unha bici
6- un animal
7- un señor con sombreiro
8-  un escaparate con comida
9 - un reloxio
10- unha árbore
11- un taxi
12 - flores
 
É este foi o resultado final
 




mércores, 24 de xullo de 2013

AMAÑO DE PANTALÓNS

Marcelo rompe todos, pero todos os pantalóns pola rodilla dereita en primeira instancia e se insistimos en seguir poñendoos polas dúas.
Leva con eles rotos moito tempo, pero estes días de fin de xuño, que pasarón aquí os avos, oín cousas como:  teus país non teñen cartos para comprar outros pantalóns?, ou  Hai que facer algo con estes pantalóns!!.   Por que está claro  que así non podían seguir.
Xa sabemos que si vas a Zara nenos a mercar outros, atopalos igual de rotos por 19,95, pero as avoas xa sabemos como son.... (en outra ocasión falarei disto).
 
De modo que  me decidín a facer algo con eses rotos, a paseando por PINTEREST atopei estas ideas
 
 
 
 
E así quedaron as miñas
 
 
 


martes, 23 de xullo de 2013

LA VUELTA AL MUNDO 2013

Como cada ano Jackie Rueda propón o reto "La vuelta al mundo" do que xa falei o ano pasado aquí.
Aínda que non participei de forma oficial entretivome moito saír coa cámara a "pescar" esas imaxes.
Deixovos aquí o enlace para que sepades de que vai.
 
Estes son os temas das fotos de este ano:
 
CARROUSEL OU PARQUE DE ATRACCIÓNS
UN KIOSKO DE PRENSA
CHUVIA
UNHA FAROLA
PERSOAS CON SOMBREIRO
UN XARDÍN
 UN MÚSICO DE RÚA
DEPORTE
O NOME DUNHA RÚA POR  "A"
GLOBOS
UN MURAL (non graffitti)
O ESCAPARATE DUNHA PASTALERIA
 
 
 
 
 
Podes ver os resultados na súa páxina, en Facebook ou en flickr

luns, 22 de xullo de 2013

MEDIADORA

 
Cando comecei con este traballo xa sabía que non  había ser fácil.
Sabía que ía ter que lidiar entre nenos, familias, profes, equipos directivos e administración.
Dende a prespectiva de docente pensei que as familias e a administración serían os callos máis difíciles. Pero non.
Os nenos e nenas o mellor de todo con diferencia.
Da administración enseguida te das conta de como funciona, do que podes esperar e que non.
Das familias tamén sabes dende o primeiro momento que é o que queren, por que eu tamén son familia e todos (ou case que todos...., que sempre hai excepcións) queremos o mesmo para os nosos fillos e fillas. En xeral, enténdome moi ben con elas.
 
A miña sorpresa foron os propios compañeiros e compañeiras, profesionais queimados, que son boas persoas, que cumplen co seu horario e as súas responsabilidades, que son persoas abertas e democráticas no seu entorno, que foron incluso innovadores en algún tempo....
Pero que xa non están dispostos, nin preparados, pola razón que sexa, para enfrentarse novos cursos á educación e ao sistema educativo que precisamos.
 
Que non asimilan que o sistema debe de ofrecer a cada neno o que necesita, e non todos precisan o mesmo.
Que non entenden que ao reducir recursos é preferible ter un ordenador en cada aula que non una aula de informática incompleta.
Que son reaceos a usar a biblioteca escolar porque non hai nela una mesa e una silla para cada un dos 25 alumnos/as da súa clase.
Que siguen pretendendo que todos fagan o mesmo ao mesmo tempo porque é mellor.
Que malentenden a igualdade a recibir una educación de calidade, con que todos fagan as mesmas actividades.
 
En realidade estou segura de que entenden todo, de que saben que é o máis adecuado, pero que defenden unha opción por que é máis fácil, máis cómodo, require menos esforzó de preparación, de avaliación.... fai que se sintan máis seguros.
 
E a min quédame mediar con eles e elas, intentar que vaian facendo pequenos cambios, sobre todo  con aqueles nenos e nenas que máis necesitan a diferenciación. Que pouco a pouco vaian atendendo á diversidade do alumnado que máis o necesita. Que se dían conta que os seus coñecementos e a súa experiencia son un factor importante e que moitas veces é solo dun pequeño cambio de organización.
 
E o próximo curso non rendirme, continuar con este traballo,  que áinda que as veces me saque das casillas,  me encanta e do cal disfruto, tamén, en moitisimas ocasións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 


sábado, 20 de xullo de 2013

VESTIDO DE TEMPORADA

Gústame este tipo de vestido,  recto, de media manga, frequito de tela sedosa. Parece mo poñible en ocasións diversas.
 
 
 
 Pódese mercar aquí
 
E este verán a miña versión foi este
 
é de TRUCCO
 
E con estes zapatos
 
son wonders  e podes atopalos aquí.
 


venres, 19 de xullo de 2013

ESTRELA DE 12 PUNTAS

Un bo día de inverno fixemos estas estrelas de 12 puntas
 
 
As fotos son moi malas, pero as estrelas podo asegurarvos que quedaron moi chulas.
Usamos  cartulinas estampadas que mercamos en  Pórtico.


xoves, 18 de xullo de 2013

BLOGUES - PUBLICIDADE

Este e un tema recurrente entre os bloguers que sigo.
Que si fan publicidade de cousas por que reciben agasllos ....
Que si cobran por ter anuncios ou facer publicidade....
Que si eso esta ben ou non...
Que si o deben dicir ou non....
A min todo me parece ben que cada un faga o que lle parece, eso sí con honradez e sendo consecuente co que se decide.  Por iso me gustou especialmente a reflexión feita neste blogue, co que non podería estar máis de acordó.
Deixovos coa autora.
 
 
Artigo aqui.

mércores, 17 de xullo de 2013

MENÚ SEMANAL

Durante o curso escolar os nenos comen no cole, polo que non me teño que preocupar moito polos menús semanas, posto que a fin de semana procuro facerlles as cousas que lles gustan máis.
Pero agora con máis de dous meses por diante, de comer na casa a diario, teño que organizar os menús con máis sentidiño.
E para iso copiei esta idea
 
 
E a miña versión foi esta
 


martes, 16 de xullo de 2013

PINTURA REALISTA

Fai uns días facendo o repaso diario aos meus blogues favoritos atopei este post de EL TARRO DE IDEAS, que me pareceu increíble.
Sempre me gustaron os cadros hiperrealistas.
 



 
 
Estas son de Steve Mills.
 
Pero tamén temos un artista "da terriña" que fai cousas  realistas increíbles.
 




 
Se queredes coñecer a súa obra e saber mási cousas do artista podedes visitar o seu blogue.
 
 
 
 


luns, 15 de xullo de 2013

VELLOS COÑECIDOS E AS EXPECTATIVAS



Con esto das redes sociais , o mundo, si xa antes era un pano agora é un fio.
Seguro que a algún de vos tendes unha anécdota curiosa con estas novas formas de relacionarnos.
 
Fai meses mentras pasaba tempo cotilleando (por que non se lle pode chamar doutro modo) no FACEBOOK atopei un "amigo", ou coñecido.
Tratábase dun neno co que estudiei , creo que de 6º  a  8º  de EXB, que viviu no meu pobo por causa do traballo do pai, que despois marcharon e co que incluso me carteei algo.
 
Fomos novietes, deses que tes no colexio, con 12 anos e dos que non te esqueces.
Seguramente si nos seguisemos vendo non seriamos nin amigos, pero como facía a friolera de 30 anos de aquelo pois non se sabe...
 
O caso e que me puxen en contacto con el, e efectivamente era el.
 
Mantivemos algún contacto, dúas ou tres veces preguntándonos polo que fora de algunas persoas que coñeciamos, en que traballabamos, onde vivíamos, se tiñamos fillos ou non, .... o normal.
Pero sempre insistia moito en que lle mandase unha foto. Eu dinlle largas pero insistia máis e mandeille unha foto das vacacións do ano anterior cos nenos.
 
E despois diso..... SILENCIO absoluto. 
 
E eu pensei ¡ será maleducado!
 

sábado, 13 de xullo de 2013

ZAPATILLAS DE VERÁN

Non son exactamente alpargatas, pero si poden ser de esparto.
Seguro que teñen un nome molón que as blogueras de moda coñecerán todas. Eu non. Para min son zapatillas de verán, polo menos polo de agora.
Sempre me gustaron e son moi cómodas para o verán pero estas en concreto parecenme ideais.
 
 
Podes conseguilas aquí
 
 


venres, 12 de xullo de 2013

CADERNO DE VIAXE

Este ano as nosas vacacións serán percorrendo ITALIA.
Imos con nenos e de camping.
 
Como cada ano, elaboramos un caderno de viaxe tanto os nenos coma eu.
Xa expliquei como, nun post o ano pasado, que si queres repasar tes aquí.
 
E así decoramos a portada  este ano.
 
 
Así eran antes do proceso e así quedaron as dos nenos

 

 
E a miña esta
 
 




xoves, 11 de xullo de 2013

INNOVARTE

Gostariame recomendar un blogue que me parece especial.
 
As autoras son unas grandes profesionais da educación, en concreto da educación pública en Galicia.
Con unha longa e espectacular traxectoria en diferentes ámbitos do ensino.
 
Agora durante o verán  están de vacacións, pero calquera dos seus innumerabeis post resultan interesantes. Eu aprendo con elas cada día.
 
Copio tal cual a súa presentación
 

Presentación

Existe una definición bastante aceptable y aceptada de la innovación como una serie de intervenciones, decisiones y procesos, con cierto grado de intencionalidad y sistematización, que tratan de modificar actitudes, ideas, culturas, contenidos, modelos y prácticas pedagógicas. Y, a su vez, de introducir en una línea renovadora, nuevos proyectos y programas, materiales curriculares, estrategias de enseñanza y aprendizaje, modelos didácticos y otra forma de organizar y gestionar el currículo, el centro y la dinámica del aula. Jaume Carbonell, “La aventura de innovar”.
Educar es un “arte” que requiere de la innovación; por ello queremos que Innovarte sea nuestra consigna, aunque precise de otras “artes”: FormArte, ReflexionArte, VinculArte, CautivArte, ActualizArte, CuestionArte, LegislArte, AcercArte, IlusionArte…, e incluso si es necesario, RebelArte.
Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira somos maestras del 2º ciclo de educación infantil, pero nuestra intención es que nuestra aportación sea del interés de las personas que trabajan en toda la etapa, ya que creemos tiene que ser concebida como un contínuum; no podría ser de otro modo.
Este no es un blog de denuncia, ni de crítica, ni de pesimismos, actuamos donde podemos hacerlo, nosotras mismas y nuestro trabajo diario, que pretendemos mejorar con todas las “artes” antes apuntadas. Las estadísticas son lo que son, por lo que emplearemos casi siempre el femenino para referirnos a las personas que trabajan en educación infantil; dense por acogidos todos los profesionales, pero es un guiño, por esto de compensar la desigualdad…
Lo recogido en este blog, nosotras ya lo vimos, y queremos compartirlo, pero también creemos será de justicia que nos hagan llegar todo aquello que consideren interesante para la educación infantil, dirigido a cualquier ámbito de la comunidad educativa, para el alumnado, para los profesionales, para las familias, así como cualquier sugerencia de avance. La única premisa: que cumpla con los significados y atributos de la innovación educativa apuntados al inicio, ya que nosotras nos esforzaremos por hacer lo mismo, y contribuir de este modo al avance de la atención a la infancia. Objetivo, incluso pretencioso, pero nos aplicaremos el lema“piensa globalmente y actúa localmente”.
 
 
Que podeder ver completo aquí.
 
 
 
 
TODO O BLOGUE AQUÍ.
 
 
 
 
 
 
 


mércores, 10 de xullo de 2013

CASA DE BONECAS

Fai xa uns meses, un domingo cando voltaba do teatro cos nenos, atopamos ao lado dun contenedor de basura una bolsa con parte dunha casa de bonecas....
e a miña curiosidade (e pode que o síndrome de ....) fixo que me achegara a ela...
E descubrimos que eran un montón de mobles dunha casiña de bonecas, empaquetados e sen abrir. Emocionámonos e collimolos todos.
De modo que uns días despois, utilizamos unha estupenda caixa dun xamón que levaba na casa máis dun ano, e que non nos decidíamos a tirar e fixemos esta maravilla de casa de bonecas.
Aos nenos gustoulles pero a min moito máis.

 

Moitas grazas á persoa que comezou esta colección e ao non querer completala decideu que a outros lles podía interesar,  A NOS!!!!
 
 
 


martes, 9 de xullo de 2013

NOVA ETAPA

Fai mais du ano que comencei co blogue.
A pesar de entusiasmarme ... deixei de publicar fai uns meses.
Estaba  algo desilusionada e desmotivada.
 
Pero agora, que estou, por fin, de vacacións quero retomar isto de forma máis organizada e sistemática.
Non pretendo outra cousa que pásalo ben.
Compartir o que fago, o que me gusta e o que me disgusta con calquera que lle interese.
Sentirme de algún modo acompañada.
 
Non quero ter obrigas, pero si quero facer as cousas mellor.
Intento aprender cada día un pouco e ir mellorando as cousas a medida que poda, pero ao fin e ao cabo esto é una afición, non un traballo, non son profesional, polo que farei os cambios con calma.
Seguirei editando fotos malas e tendo moitos fallos pero fareino porque quero.
O que si quero e ter máis opinión propia, máis crítica, ser máis Valente, e quen lle goste ben e a quen non tamén.
 
 
Por iso hoxe quero comenzar mostrando una actividade que fixen cos nenos esta semana.
 
É una actividade que vin neste blogue INNOVARTE, que me pareceu moi interesante.
 
Así que fun aos chinos e merquei a laca de uñas máis barata que atopei (0,75) e un par de lenzos (2,25)
 
E... mans á obra...
 
 O proceso foi o seguinte:
 
1- nunha tina botamos auga e vertemos os colores que esmalte de uñas.
2- con un palillo mezclamos un pouco a pintura, con suavidade e sen bater.
3- colocamos o lenzo boca abaixo dentro da tina.
4- sacamolo rápido e poñemolo a secar.
 
Repetimos o proceso para o segundo cadro.
 
E o resultado final foi este:
 
 
Diferentes, únicos e impredecibles como os seus autores.