Xa chegou o outono. Chove, fai frio e toca un novo cambio de armarios.
Mercar abrigos e xerseis.
O mes de setembro sempre é para min una locura.
Novos retos no traballo, e cada vez hai que enfrentarse a eles con menos recursos e máis traballo, e tamén moita indignación.
Estes dous artigos explican moi ben o que sinto con esta situación:
Son dous blogues de profes de infantil, que merece a pena ter en conta. Mestras das que como moitos desexan e disfrutan con un traballo ben feito. E o consiguen contra vento e marea, a pesar de ter cada vez máis cousas en contra.
Ademais do traballo, a miña vida familiar tamén provocou estrés.
Os nenos comezaron o seu curso, con todo o que iso conleva, e non souben os horarios do conservatorio hasta a semana pasada polo que o resto de actividades estaban en pause.
Agora parece que xa todo está organizado ¡por fin!.
E entre todo isto o blogue abandonado.
Pasei de publicar a diario a non facelo en case dous meses.
Creo que vou a ter que atopar un termo medio.
Esta claro que teño que poner obxectivos reais.
Non sei cando voltareia publicar algo, mentras tanto BO OUTONO!
DISFRUTADE DO COLOR, DAS CASTAÑAS, DAS CABAZAS E DAS SETAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario