DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de abril de 2016

PROXIMO TRABALLO



O próximo proxecto de costura que teño é facer unha manta para sofá con anacos de punto reciclados de xerseis vellos. Estiven xuntando e xuntando, hasta que me decidín a valeirar o estante do armario, corteinos en anacos, e busquei  un patrón para combinalos.

So me falta unilos.



mércores, 30 de marzo de 2016

QUE FACER CUNHA COPA ROTA?

Fai uns dias rompeune unha copa polo pé.
Deume pena tirala e busquei inspiración.

Que podo facer con ela?

.


Esta idea atopeina aquí.

venres, 18 de marzo de 2016

PASCUA

Achegase a Pascua.
Na casa soemos agochar ovos de chocolate, e poñer pistas para que os nenos os atopen.
Failles gracia, sobre todo a Sabela, pero ao final ninguén come os ovos.
Así que este ano faremos algo diferente

luns, 1 de febreiro de 2016

A FIEBRE DAS HAMAS





Este ano un dos agasallos que trouxeron os Reis Magos foron as HAMAS.
Foi unha destas cousas que traen sen pedir e que resultaron ser do que máis entusiasmo conseguen.
Podedes atopar o xogo  aquí.  Pero o noso foi recollido polas suas maxestades en  Tiger, tenda da que somos fans absolutos, pero esa é outra historia.

É un xogo con infinitas posibilidades e podedes atopar en internet milleiros e milleiros de ideas. 

Traballamos a psicomotricidade fina, as relacións espaciais a percepción visual.... (apareceu a vena mestra), pero sobre todo é do máis entretido.

No meu pinterest tendes un taboleiro con ideas.



xoves, 4 de decembro de 2014

OUTONO 2014

Non  fai moito mostrei os traballos escolares do Samaín e do Outono do ano pasado.
Agora toca ensinar o de este ano.




domingo, 12 de outubro de 2014

COUSAS ATRASADAS: OUTONO E SAMAIN PARA O COLE



No cole dos nenos cada ano fan unha exposicioón de traballos sobre froitos de outono e decoración de cabazas de Samain. A nosa aportación do ano pasado foi esta.






Agora  temos que pensar o que imos facer para este ano.

martes, 7 de outubro de 2014

TABOLEIRO PAREDE

Fai tempo vin en pinterest unha idea moi boa para facer un calendario semanal nunha parede. En realidade habia diferentes modelos.
Pouco despois vin que tamén o facia  Baballa, e entón decidinme a facelo eu tamén.
O resultado foi este


luns, 30 de decembro de 2013

FIN DE ANO

Dende que teño ... 16... máis ou menos, sempre saín o día de fin de ano.
Pero este ano por razóns de saúde familiares non vai a poder ser.
Cearemos en familia (parte da familia) e o resto da noite de festa estaremos na casa cos nenos.
Estaba pensando en facer algo diferente para que non resultara una noite triste dadas as circunstancias e descubrín esta idea a través de MUY MOLÓN, dos que como sabedes son fan incondicional.  Entre outras bonitas ideas apareceu esta, que me pareceu moi factible e vistosa para sacar unas fotos e ter un bo recordó.
 
 
Podedes descargar o PDF imprimible aquí.
 
Prometo compartir alguna foto .
 
Feliz  2014!!!


mércores, 31 de xullo de 2013

PROXECTO MAMUT

 Comecei co PROXECTO MAMUT con moita ilusión posto que é algo que me gusta especialmente.
Pero non fun capaz de avanzar como tiña pensado.
Organicei as fotos xa impresas e clasifiquei as que teño no ordenador.
Pero nin fixen selección para imprimir nin scrapeei nada, que en realidade era do que se trataba.
Agora, en vacacións teño pensado facelo. Pero como vai a ter que ser os días que pase na casa de miña nai, en agosto, fixen una bolsa, ben grande para levar todo o material e que estando todo xunto non me falte de nada.
 


venres, 19 de xullo de 2013

ESTRELA DE 12 PUNTAS

Un bo día de inverno fixemos estas estrelas de 12 puntas
 
 
As fotos son moi malas, pero as estrelas podo asegurarvos que quedaron moi chulas.
Usamos  cartulinas estampadas que mercamos en  Pórtico.


mércores, 10 de xullo de 2013

CASA DE BONECAS

Fai xa uns meses, un domingo cando voltaba do teatro cos nenos, atopamos ao lado dun contenedor de basura una bolsa con parte dunha casa de bonecas....
e a miña curiosidade (e pode que o síndrome de ....) fixo que me achegara a ela...
E descubrimos que eran un montón de mobles dunha casiña de bonecas, empaquetados e sen abrir. Emocionámonos e collimolos todos.
De modo que uns días despois, utilizamos unha estupenda caixa dun xamón que levaba na casa máis dun ano, e que non nos decidíamos a tirar e fixemos esta maravilla de casa de bonecas.
Aos nenos gustoulles pero a min moito máis.

 

Moitas grazas á persoa que comezou esta colección e ao non querer completala decideu que a outros lles podía interesar,  A NOS!!!!
 
 
 


martes, 9 de xullo de 2013

NOVA ETAPA

Fai mais du ano que comencei co blogue.
A pesar de entusiasmarme ... deixei de publicar fai uns meses.
Estaba  algo desilusionada e desmotivada.
 
Pero agora, que estou, por fin, de vacacións quero retomar isto de forma máis organizada e sistemática.
Non pretendo outra cousa que pásalo ben.
Compartir o que fago, o que me gusta e o que me disgusta con calquera que lle interese.
Sentirme de algún modo acompañada.
 
Non quero ter obrigas, pero si quero facer as cousas mellor.
Intento aprender cada día un pouco e ir mellorando as cousas a medida que poda, pero ao fin e ao cabo esto é una afición, non un traballo, non son profesional, polo que farei os cambios con calma.
Seguirei editando fotos malas e tendo moitos fallos pero fareino porque quero.
O que si quero e ter máis opinión propia, máis crítica, ser máis Valente, e quen lle goste ben e a quen non tamén.
 
 
Por iso hoxe quero comenzar mostrando una actividade que fixen cos nenos esta semana.
 
É una actividade que vin neste blogue INNOVARTE, que me pareceu moi interesante.
 
Así que fun aos chinos e merquei a laca de uñas máis barata que atopei (0,75) e un par de lenzos (2,25)
 
E... mans á obra...
 
 O proceso foi o seguinte:
 
1- nunha tina botamos auga e vertemos os colores que esmalte de uñas.
2- con un palillo mezclamos un pouco a pintura, con suavidade e sen bater.
3- colocamos o lenzo boca abaixo dentro da tina.
4- sacamolo rápido e poñemolo a secar.
 
Repetimos o proceso para o segundo cadro.
 
E o resultado final foi este:
 
 
Diferentes, únicos e impredecibles como os seus autores.
 


mércores, 13 de febreiro de 2013

SAN VALENTIN

Marcelo decideu celebrar o dia de San Valentín hoxe.
Según el é unha mágoa celebrar este dia tan bonito cando hai cole.
De modo que adiantamos a data.
Na nosa casa o dia de san Valentín é o 13 de Febreiro, polo menos este ano
 


mércores, 6 de febreiro de 2013

NOVAS IDEAS

Mirade unha nova idea para gardaros lápices, rotulas, pinturas... e que ademais podemos facer cos nenos e con material de refugallo.


mércores, 19 de decembro de 2012

BOLA DE NEVE CASERA

Sempre me gustaron as bolas de neve.
Dende que viaxamos cos nenos,
e xa que a eles tamén lles gustan moito,
traemolos de recordo canto nos atopamos con algún.
Facelos de modo casero pode ser unha idea estupenda
 para facer con eles nas vacacións de este Nadal.
 

 
 
 
 


sábado, 15 de decembro de 2012

AGASALLO DE NADAL

Cada ano procuro facer algo para os/as compañeiras de traballo, chistoso e con valor económico insignificante que nos alegre o derradeiro día de traballo antes das vacacións de Nadal.
Este ano creo que vou a facer esta idea.
 



 



Ou esta outra
 
 



 

martes, 11 de decembro de 2012

sábado, 8 de decembro de 2012

OUTRA DE AGASALLOS

Esta idea para adornar os paquetes dos agasallos pareceme orixinal e sinxela.
A cada un a súa letra
 


martes, 4 de decembro de 2012

PARCAPÁXINAS

Este marcapáxinas de esquina pareceronme xeniais.
Ademais últimamente na casa o dos montros é un tema recurrente
 


domingo, 2 de decembro de 2012

DEBUXOS DOS NENOS

Os meus fillos debuxan constantemente. Moitas veces sen moito arte.
Pero en ocasións fan cousas extraordinarias que suelo gardar.
Metelos nunha carpeta con esta portada
¡Que bonito!


!