Comecei co PROXECTO MAMUT con moita ilusión posto que é algo que me gusta especialmente.
Pero non fun capaz de avanzar como tiña pensado.
Organicei as fotos xa impresas e clasifiquei as que teño no ordenador.
Pero nin fixen selección para imprimir nin scrapeei nada, que en realidade era do que se trataba.
Agora, en vacacións teño pensado facelo. Pero como vai a ter que ser os días que pase na casa de miña nai, en agosto, fixen una bolsa, ben grande para levar todo o material e que estando todo xunto non me falte de nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario