Seguro que a algún de vos tendes unha anécdota curiosa con estas novas formas de relacionarnos.
Fai meses mentras pasaba tempo cotilleando (por que non se lle pode chamar doutro modo) no FACEBOOK atopei un "amigo", ou coñecido.
Tratábase dun neno co que estudiei , creo que de 6º a 8º de EXB, que viviu no meu pobo por causa do traballo do pai, que despois marcharon e co que incluso me carteei algo.
Fomos novietes, deses que tes no colexio, con 12 anos e dos que non te esqueces.
Seguramente si nos seguisemos vendo non seriamos nin amigos, pero como facía a friolera de 30 anos de aquelo pois non se sabe...
O caso e que me puxen en contacto con el, e efectivamente era el.
Mantivemos algún contacto, dúas ou tres veces preguntándonos polo que fora de algunas persoas que coñeciamos, en que traballabamos, onde vivíamos, se tiñamos fillos ou non, .... o normal.
Pero sempre insistia moito en que lle mandase unha foto. Eu dinlle largas pero insistia máis e mandeille unha foto das vacacións do ano anterior cos nenos.
E despois diso..... SILENCIO absoluto.
E eu pensei ¡ será maleducado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario