DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta DECORACION. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DECORACION. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2016

QUE FACER CUNHA COPA ROTA?

Fai uns dias rompeune unha copa polo pé.
Deume pena tirala e busquei inspiración.

Que podo facer con ela?

.


Esta idea atopeina aquí.

sábado, 26 de marzo de 2016

CASAS QUE INSPIRAN...

Hai casas que inspiran tranquilidad, calma, paz....
Pode que non sexan as máis bonitas, nen luxosas, pero fan idea de fogar.






mércores, 21 de xaneiro de 2015

CUARTO DE NENOS E NENAS

O QUE DEBE TER UN CUARTO DE NENOS E NENAS

Creo que os cuartos dos nenos deben de ter unhas cantas cousas imprescindibles.
Algúns dos que me gostan e me inspiran son estes (todas as imaxes son sacadas de Pinterest):

1. A CAMA


2. ESTANTERIAS PARA AS SUAS COUSAS



3. MESA DE TRABALLO

4. RINCÓN INTIMO E INSPIRADOR

5. ESPAZO LIBRE PARA XOGAR

E tamén me parece importante que teñan un espello e un lugar onde expoñer os seus traballos e obras de arte, e letras co seu nome ou inicial.

martes, 23 de decembro de 2014

CAMBIOS NA CASA

Necesito cambiar algo na casa.
Cada certo tempo teño a imperiosa necesidade de cambiar algo na casa. Non podo evitalo.
Como o que de verdade me gustaria non me vexo en situación de facelo (que seria pintar todo, todo de branco!) conformome con calquera outra cousa. Cambiar os cadros das paredes, cambiar de sitio algún moble, poñer unha colcha ou funda nova nas camas....


mércores, 17 de setembro de 2014

COUSAS ATRASADAS: TRAPILLO

Este inverno tamén me deu pola fiebre do trapillo.
Aprendin con varios video titoriais que atopei en youtube.
Non recomendo ningún porque hai moitos e de cada un aprendes algo.





luns, 8 de setembro de 2014

COUSAS ATRASADAS: CAMBIO NA CASA

ANTES E DESPOIS

Pouco antes do pasado Nadal , amañamos unha TV coa que nos agasallaron e que non funcionaba.
Era mellor, máis moderna e moito máis grade que a  que tiñamos,   o malo e que non cabia no moble a medida que tiñamos no salón.
Unhas cousas levan a outras e decidimos "aumentar"  o  moble.
Como era díficil igualar a cor do modulo aumentado,  pintámolo de branco con pintura á tiza.
E quedamos gratamente sorprendidos co resaultado.
Podedes velo con estas imaxes de Antes e Despois.

ANTES


DESPOIS

 
E merquei este reloxio que me gustou moito e non me puiden resistir.



domingo, 12 de xaneiro de 2014

CAMBIOS NO NOSO CUARTO

A penúltima novidade que fixemos na casa foi o cambio de  TV no noso cuarto.
E despois de un par de meses de forma provisional xa quedou  colocada no lugar no que debe estar.
Colocada na parede como un cuadro máis, e con un pouco de washi para disumular os cables.

 Os grabados tamén os fixen eu , nos tempos en que tiña Tórculo á miña disposición.


sábado, 3 de agosto de 2013

TEITO EMPAPELADO?

Non paro de imaxinar o que podería facer co apartamento de aluguer cando se vaia o cubano.
Busco ideas que sexan orixinais e asequibles para conseguir estancias diferentes, pero funcionais e agradables.
 
Que vos parece a idea de empapelar o teito da cociña?
Gústame a papel en parte dun cuarto, nunha parede si e outras non, pero esto parece moito máis atrevido....
 
 


sábado, 27 de xullo de 2013

REUTILIZAR

Temos unha silla de oficina na que Marcelo fai os deberes, que é moi cómoda pero é negra e non me entusiasma para o cuarto dun neno, por iso cando vin esto a miña cabeciña xa comezou a facer plans.
 
 
Para seguir as intruccións  do tapizado aquí.


venres, 19 de xullo de 2013

ESTRELA DE 12 PUNTAS

Un bo día de inverno fixemos estas estrelas de 12 puntas
 
 
As fotos son moi malas, pero as estrelas podo asegurarvos que quedaron moi chulas.
Usamos  cartulinas estampadas que mercamos en  Pórtico.


mércores, 17 de xullo de 2013

MENÚ SEMANAL

Durante o curso escolar os nenos comen no cole, polo que non me teño que preocupar moito polos menús semanas, posto que a fin de semana procuro facerlles as cousas que lles gustan máis.
Pero agora con máis de dous meses por diante, de comer na casa a diario, teño que organizar os menús con máis sentidiño.
E para iso copiei esta idea
 
 
E a miña versión foi esta
 


venres, 1 de marzo de 2013

HABITACIÓN DE SABELA

Este Nadal, e para a miña sorpresa Sabela pideulle aos Reis Magos unha mesa para facer os deberes igual que a de Marcelo.
Así que os Reis Magos foron a Ikea e trouxeronlle todo o necesario para crear un rincón de estudo igual pero en tonos roxos por aquelo de seguir coa combinación de colores do resto.
 
 
Este foi o resultado.
Que vos parece?


sábado, 16 de febreiro de 2013

ENTRADA ESTRELA DO BLOGUE

A entrada máis vista do blogue en todo este tempo foi a das LETRAS DECORADAS, que podedes recordar.
Nese post prometia ofrecer outros detalles da habitación e creo que chegou ese momento.
aqui tedes unhas imaxes, do cuarto en xeral e de algún detalle
 


 
 
 


martes, 12 de febreiro de 2013

martes, 5 de febreiro de 2013

CAMBIOS PISO

Buscando ideas para facer algún cambio no piso de Rosalia.
En canto se vaia o inquilino quero facerlle un bo cambio para poder ofrecer algo diferente.
E por suposto canto mais branco mellor.
Aquí hai algunhas ideas que me gostan
pero teño acumuladas unhas cantas máis nun álbun de
Pinterest
Source: elmueble.com via Isabel on Pinterest



















sábado, 29 de decembro de 2012

venres, 21 de decembro de 2012

mércores, 19 de decembro de 2012

BOLA DE NEVE CASERA

Sempre me gustaron as bolas de neve.
Dende que viaxamos cos nenos,
e xa que a eles tamén lles gustan moito,
traemolos de recordo canto nos atopamos con algún.
Facelos de modo casero pode ser unha idea estupenda
 para facer con eles nas vacacións de este Nadal.
 

 
 
 
 


CUARTO NENOS

Cuarto nenos e cambios posibles
 


domingo, 16 de decembro de 2012

PROGRAMADOR PAREDE

Tendes algo parecido a esto en algunha parede da vosa casa?
Gústavos esta idea para decorala?