DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES CON NENOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES CON NENOS. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de marzo de 2016

PASCUA

Achegase a Pascua.
Na casa soemos agochar ovos de chocolate, e poñer pistas para que os nenos os atopen.
Failles gracia, sobre todo a Sabela, pero ao final ninguén come os ovos.
Así que este ano faremos algo diferente

luns, 1 de febreiro de 2016

A FIEBRE DAS HAMAS





Este ano un dos agasallos que trouxeron os Reis Magos foron as HAMAS.
Foi unha destas cousas que traen sen pedir e que resultaron ser do que máis entusiasmo conseguen.
Podedes atopar o xogo  aquí.  Pero o noso foi recollido polas suas maxestades en  Tiger, tenda da que somos fans absolutos, pero esa é outra historia.

É un xogo con infinitas posibilidades e podedes atopar en internet milleiros e milleiros de ideas. 

Traballamos a psicomotricidade fina, as relacións espaciais a percepción visual.... (apareceu a vena mestra), pero sobre todo é do máis entretido.

No meu pinterest tendes un taboleiro con ideas.



luns, 19 de xaneiro de 2015

OUT TO SEA

OUT TO SEA
THE PLASTIC GARBAGE PROJECT


O PROXECTO DOS RESIDUOS DE PLÁSTICO.

Marcelo asiste dende fai uns meses a un Taller de Enriquecemento chamado  EUREKA+.
Hasta o de agora traballaron aspectos da natureza, biodiversidade,...
Como fin de temática da actividade fomos de excursión a Vigo, xa que na FUNDACIÓN BARRIE, hai unha exposición estupenda sobre o lixo plástico que frota polos nosos mares formando grandes illas de basura, con todo o que iso acarrea para todos nos.
A exposición está hasta o 1 de Marzo e merece a pena visitala.
Se queres saber máis  aquí  e aquí.


Como remate final realizamos un taller, no que  realizamos un autoretrato, con material de refugallo.
E este foi o resultado de Marcelo e Sabela (Sabela tamén foi aínda que non participa nos talleres).

Foto mala,malisima, sacada co movil.

sábado, 27 de decembro de 2014

COMO CANDO ERA NENA...

Cando era nena o xoguete estrela de toda a miña infancia foi a bicicleta. Claro que podiamos sair na bici por calquera sitio, sin casco e sen maior dificultade, con moita liberdade.
 Agora para os nenos todo é máis dificil....
Pois eu coa miña bici inventaba un mundo... hasta xogabamos a ser os "Angeles de Charlie".
Pero esta idea pareceume increible... ir na bici soñando que cabalgas e galopas!
Creo que si lla ensino a Sabela, xa me podo poñer a buscar cartóns...




mércores, 10 de decembro de 2014

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO



Teño dous fillos: un neno e unha nena. E ningún dos dous mostra os típicos esterotipos de xénero.
A EL non ten os típicos gustos de neno, como futbol, ou deportes en xeral, os coches...
A ELA non lle gostan as bonecas nen as princesas, nen as fadas...
E a min pareceme estupendo. Todos os xoguetes na casa son "neutrales" nese aspecto e os dous xogan a todo e a calquera cousa.
Francamente creo que a miña educación non tivo nada que ver, senon que é parte da personalidade de cada un deles. Si fose un forofo do fulbol, levariao a fultbol; si ela quixese colecionar barbies, pois mercariallas.
Pero non é así e alegrome moito. Sobre todo por ELA, por ser muller a porque aínda vivimos nunha sociedade que non é igualitaria.

Non vos perdades a reflexión que fan sobre as "nenas princesas" no blogue  INNOVARTE, a min pareceume, coma sempre moi acertada e compartoa completamente.

xoves, 4 de decembro de 2014

OUTONO 2014

Non  fai moito mostrei os traballos escolares do Samaín e do Outono do ano pasado.
Agora toca ensinar o de este ano.




mércores, 15 de outubro de 2014

MERENDA CON "CUPCAKES"

A M gústanlle moito os "reality" da tele. Un dos programas que lle gostan e "Guerra de cupcakes", e outros que hai sobre tartas estupendisimas... que non sei como se chaman.
Unha tarde fixemos magdalenas, pero convertimolas "casi" en cupcakes.



domingo, 12 de outubro de 2014

COUSAS ATRASADAS: OUTONO E SAMAIN PARA O COLE



No cole dos nenos cada ano fan unha exposicioón de traballos sobre froitos de outono e decoración de cabazas de Samain. A nosa aportación do ano pasado foi esta.






Agora  temos que pensar o que imos facer para este ano.

domingo, 7 de setembro de 2014

venres, 10 de xaneiro de 2014

TITERES

Levaba moito tempo con gañas de facerlle aos nenos un teatro de guiñol pero como de costume non tiña tempo de facelo.
De modo que me aprobeitei das desocupadas horas de inverno (do inverno pasado) que ten a avoa é despois de dar as oportunas ideas tivemos este resultado.
Está colgado nunha barra... creo que para facer flexións, que xa veu con nos dende o outro piso e creo non se utilizou nunca xamais. Hasta agora.
 
a
E incluso  con unha dedicatoria da avoa Toñita, que aínda que non se lea, está ahí.
 
 


domingo, 5 de xaneiro de 2014

NADAL CON FROZEN

Este Nadal reestrenamos cine en Pontevedra, despois de ... non sei cantos meses sen el.
E estamos encantados porque iso de ter que ir a Vigo xa eran palabras maiores  (e un coñazo).
E fomos ver un dos estrenos infantis do Nadal   "Frozen, el reino del hielo".
 
 

 
E despois do cine unhas  actividades  aquí.
Aos nenos gustoulles moito e ao voltar
 buscaron videos en you tube e estiveron cantando as cancións sen parar.