Este ano un dos agasallos que trouxeron os Reis Magos foron as HAMAS.
Foi unha destas cousas que traen sen pedir e que resultaron ser do que máis entusiasmo conseguen.
Podedes atopar o xogo aquí. Pero o noso foi recollido polas suas maxestades en Tiger, tenda da que somos fans absolutos, pero esa é outra historia.
É un xogo con infinitas posibilidades e podedes atopar en internet milleiros e milleiros de ideas.
Traballamos a psicomotricidade fina, as relacións espaciais a percepción visual.... (apareceu a vena mestra), pero sobre todo é do máis entretido.
No meu pinterest tendes un taboleiro con ideas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario