DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NATUREZA. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de marzo de 2016

XOGAMOS COA NEVE 2016

Este ano nevou tanto  que non podiamos deixar pasar a oportunidade 
de pasar un dia xogando coa neve. 

Batalla de bolas 

Construíndo un iglú.

O iglú por dentro

O iglú por fora

A verdade que nos saliu un Iglú "Gótico", a que si?

xoves, 4 de decembro de 2014

OUTONO 2014

Non  fai moito mostrei os traballos escolares do Samaín e do Outono do ano pasado.
Agora toca ensinar o de este ano.




mércores, 20 de febreiro de 2013

luns, 4 de febreiro de 2013

A NEVADA DO 2013

A fin de semana pasada fomos cos nenos a xogar un pouco á neve.
Pasámolo moi ben.
Un dia precioso.
 
 
Decidimos  ir o sábado porque non sabiamos cando poderemos volver.
Así que ida por volta dende Pontevedra chegamos a Manzaneda en algo máis de 2 horas. Comimos alí uns bocatas para aprobeitar o mediodia e o soliño e voltamos despois de cear ovos fritidos con xamón  en Pobra de Trives, no Hostal La Viuda
Chegamos cansos, os nenos durmindo no coche pero felices por pasalo moi ben e disfrutar dun día estupendo.
 
 



domingo, 14 de outubro de 2012

RUTAS POR GALICIA

 
 
Como xa expliquei en outras ocasións os meus fillos teñen déficit de natureza, son demasiado urbáns.
Pra compensalo facemos algunha saida.
Neste blogue mostran un monton de posibilidades de facer cos nenos,  probados, e moi explicadiños.
Está xenial
 

venres, 28 de setembro de 2012

O OUTONO

Xa chegou o outono.
E inspirada polas circunstancias saquei fotos de bodegon coas cabazas que merquei na Feira Medieval.

Tamén de tódolos froitos "da casa" dos que temos a sorte de disfrutar



E estes repasadores de coiña que merquei esta semana en  Zarahome




domingo, 2 de setembro de 2012

FLORES, FLORES E FLORES

Francia é un pais que me gosta especialmente.
Unha das cousas que mais me gostan e a importancia que lle dan as flores como decoración de espacios exteriores.
Os xardíns e espacios públicos están cheos de flores.
As innumerables rotondas das carreteras están super cuidadas.
Vin unha  que me gustou especialmente. Simplemente era un campo cheo de multicolores flores silvestres.
 
Cando vin esta foto inmediatamente me acordei dela.
 


luns, 27 de agosto de 2012

UN PARAISO NATURAL

Quero ensinaros unhas imaxes para que confirmedes vos mesmos que temos un paraiso
e ben preto da casa.




 
 
 

martes, 7 de agosto de 2012

PERICO E O CANGREXO

Estando de vacacións neste paraiso natural era imprescidible pasar un dia de pesca nas pozas que quedan cando baixa a marea.
No intermareal tan rico en vida no que é unha gozada observar todo o que hai nesas pociñas.
Temos o instrumental
O lugar adecuado


Igualiño que o cangrexo de Perico se deberon de sentir seres varios que os meus fillos se empeñaron en pescar... que me parecemoi ben;
 e en levar para a casa nun caldeiro ....cousa que non me pareceu tan ben,
polo aquel de ser ecolóxicos e respetuosos con calquera ser vivo.
Pero non fun quen de convencelos.
Quen non fixo o mesmo de neno?
Pois iso, que os pobres animais sufriron o indecible, como unha tortura, baixo a atenta mirada dos meus cachorros.
Poidemos observar como a convivencia entre eles se ia degradando: os peixiños prateados, que non sei o que son morrian os primeiros e eran deborados polos camaróns,  que á súa vez eran a comida dos outros. Os mogaros no sei intento de escapar morrian fora da auga e o cangrexo foi perdendo as patas unha a unha. So sobreviviron os bígaros,
que afeitos a vivir nas pedras aguantan calquera cousa.
En plena agonia tiñan este aspecto


Como xa dixen ... igualiño que o do conto

martes, 10 de xullo de 2012

PECHADO POR VACACIONS


Mañá saímos de vacacións uns días.
Imos visitar a cornisa cantábrica.
Coma sempre cos nenos e de camping.

Espero desconectar do traballo, as rutinas da casa e disfrutar do marido e dos fillos e como non da paisaxe.
Espero que teñamos un tempo aceptable, que para auga xa nos chegou o ano pasado.

Pero non pensedes que a desconexión vai a ser total porque levo deberes:

*inspirarme moito
*descansar
*sacar fotos do reto de xullo de LE DOY LA VUELTA AL MUNDO.

Entre outras cousas como pasear, ver cousas novas, comer ben.....

De tódolos xeitos espero que haxa wifi no camping, para non perder os bos hábitos...

Voltarei mais o menos o día da PATRIA!

domingo, 8 de xullo de 2012

PAXARIÑOS

Esta idea para intentar atraer algún paxariño ao noso balcón e que os vexan os nenos de cerca é unha idea estupenda que creo vou a levar a cabo estas vacacións.

martes, 5 de xuño de 2012

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Un día coma hoxe quero recomendar un libro que me parece interesante para familias como a miña.
Vivimos nun piso, e aínda que estamos na ría e ollamos un anaquiño de mar estamos rodeados de cemento  por todas partes.
E os nenos estanse criando aquí.
Estou convencinda de que os meus fillos padecen "déficit de natureza".
Intentamos compensalo con viaxes en camping, visitas a espazos naturais e parque pero necesitamos un impulso que nos guie e este libro e estupendo para darnos ideas de actividdes para facer cos nenos na natureza.


É de editorial GRAO