DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

martes, 5 de xuño de 2012

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Un día coma hoxe quero recomendar un libro que me parece interesante para familias como a miña.
Vivimos nun piso, e aínda que estamos na ría e ollamos un anaquiño de mar estamos rodeados de cemento  por todas partes.
E os nenos estanse criando aquí.
Estou convencinda de que os meus fillos padecen "déficit de natureza".
Intentamos compensalo con viaxes en camping, visitas a espazos naturais e parque pero necesitamos un impulso que nos guie e este libro e estupendo para darnos ideas de actividdes para facer cos nenos na natureza.


É de editorial GRAO

Ningún comentario:

Publicar un comentario