Xa vos mostrarei máis fotos, o antes, durante e despois, porque todo o proceso de cambio e decoración estamos a facelo nos e está a levar moito tempo e esforzo,
Non me refiro a nenos fotografiados, se non a nenos fotógrafos.
Sempre me gustou que os nenos dispuxesen dunha cámara para facer as fotos que quixesen.
A maioría das veces non valen moito pero sempre hai alguna polo medio que sorprende.
O post que publicou kireei sobre mirada infantil na fotografía gustoume especialmente e por iso quería compartilo con vos.
Despois de varias cámaras destrozadas polos nenos: un par delas co obxectivo estropeado e outra coa pantalla escachada, optamos por unha Nikon, á que non lle sae o obxetivo e é polo tanto a proba de nenos. Estamos encantados.
Durante as pasadas vacacións de Antroido fixen a proposta a Marcelo de facer un safari fotográfico por Pontevedra, de paso que dábamos un paseo. Pareceulle unha idea estupenda e decidimos a lista de cousas a fotografiar.
A fin de semana pasada fomos cos nenos a xogar un pouco á neve.
Pasámolo moi ben.
Un dia precioso.
Decidimos ir o sábado porque non sabiamos cando poderemos volver.
Así que ida por volta dende Pontevedra chegamos a Manzaneda en algo máis de 2 horas. Comimos alí uns bocatas para aprobeitar o mediodia e o soliño e voltamos despois de cear ovos fritidos con xamón en Pobra de Trives, no Hostal La Viuda
Chegamos cansos, os nenos durmindo no coche pero felices por pasalo moi ben e disfrutar dun día estupendo.
Os meus avances no proxecto Mamut no mes de xaneiro foron estes
O que fixen foi coller todalas fotos que tiña en papel e clasificalas por eventos, e dentro de estes por datas, aínda que non exáctas.
Po rexemplo: Antroido, ano 2005, 2006, etc; ou actividades cole: teatros, festas, etc
O próximo traballo será seleccionar todalas fotos que teño en formato dixital, xa mais ou menos ordeadas e imprimir as que quero escrapear.
En canto a reordear os albunes tóxicos, creo que vou a pasar porque os teño moi ben colocados e adornados e aínda que algo se estropeen seguramente van a durar mais ca min. A pesar da sua toxicidade gústanme como son.