A súa autora, Alicia, organizadora profesional, ofrecenos uns artigos e tips moi interesantes sobre como organizar a casa, adornados con imaxes preciosas e inspiradoras.
A súa propósta de poñer en orden a casa en 21 días tivo tanto éxito que agora comezou a facer videos e ten un canal en YOUTUBE. E tamén fai cursos presenciais, se estás en Madrid, claro...
Eu vouno a intentar porque 12 libros ao ano paréceme o número adecuado, tendo en conta que sempre polo medio teño que ler outras cousas que me xurden para o traballo.
Pero si un por mes che parece pouco aquí tes outro, para nivel avanzado....
O próximo proxecto de costura que teño é facer unha manta para sofá con anacos de punto reciclados de xerseis vellos. Estiven xuntando e xuntando, hasta que me decidín a valeirar o estante do armario, corteinos en anacos, e busquei un patrón para combinalos.
Estou apuntada nun curso de creatividade para pais (e nais) que vai a dar Núria Pérez (sparksandrockets), a través do portal de cursos de HELLO CREATIVIDADE,
Comezamos ano e como todos e todas teño novos propósitos...
Eu este ano quero "ORDENAR" as miñas cousas, a miña casa e a miña vida.
Acabo de ler o libro de MARIE KONDO "La Mágia del orden".
Estou inspiradísima.
Non creo que acabe desacéndome de todo o que debera e que o método Konmari aconsella, nin que remate falando coa casa ou as miñas pertenencias ... pero vaime vir moi ben para despexar armarios e para a miña saúde mental.
Creo que os cuartos dos nenos deben de ter unhas cantas cousas imprescindibles.
Algúns dos que me gostan e me inspiran son estes (todas as imaxes son sacadas de Pinterest):
1. A CAMA
2. ESTANTERIAS PARA AS SUAS COUSAS
3. MESA DE TRABALLO
4. RINCÓN INTIMO E INSPIRADOR
5. ESPAZO LIBRE PARA XOGAR
E tamén me parece importante que teñan un espello e un lugar onde expoñer os seus traballos e obras de arte, e letras co seu nome ou inicial.
É unha verdadeira sorte que esteñan de moda os moños.
Eu que, neste momento, teño o pelo que nin rizo que nin liso e ademáis son torpe por natureza
o do moño é un recurso do máis socorrido.
Cando era nena o xoguete estrela de toda a miña infancia foi a bicicleta. Claro que podiamos sair na bici por calquera sitio, sin casco e sen maior dificultade, con moita liberdade.
Agora para os nenos todo é máis dificil....
Pois eu coa miña bici inventaba un mundo... hasta xogabamos a ser os "Angeles de Charlie".
Pero esta idea pareceume increible... ir na bici soñando que cabalgas e galopas!
Creo que si lla ensino a Sabela, xa me podo poñer a buscar cartóns...