DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta MODA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MODA. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de marzo de 2016

MAMI SWEET

Maria, a miña compañeira de traballo ten un blogue.
Un blogue de moda que acaba de comezar con moito éxito.
Fai pouco que se meteu nesta aventura e medra en cantidade e calidade.
Visitadeo e podedes comprobalo.




Noraboa  Maria e moita sorte!

luns, 21 de marzo de 2016

QUE GAÑAS DE PRIMAVERA!!!

21 de Marzo

PRIMAVERAAAA!!!

Levamos unha temporada con tanta auga que sae un raio de sol de ademais da "fotosíntesis" comezamos a ter gañas de primavera.
De vestirnos de colores e poder saír cunha americana, e si é amarela mellor.





sábado, 17 de xaneiro de 2015

AS CÁLIDAS CHAQUETAS DE LÁ

A calidez e comodidade das chaquetas de lá tamaño maxi, non se pode igualar a nada.

foto pinterest

venres, 2 de xaneiro de 2015

BENDITOS MOÑOS

É unha verdadeira sorte que esteñan de moda os moños.
 Eu que, neste momento, teño o pelo que nin rizo que nin liso e ademáis son torpe por natureza
o do moño é un recurso do máis socorrido.


luns, 8 de decembro de 2014

MODA

Imaxe de Pinterest

Inspiración para este inverno. Esperando sacarlle partido ao chaleco de coello que teño infrautilizado no armario.

mércores, 24 de xullo de 2013

AMAÑO DE PANTALÓNS

Marcelo rompe todos, pero todos os pantalóns pola rodilla dereita en primeira instancia e se insistimos en seguir poñendoos polas dúas.
Leva con eles rotos moito tempo, pero estes días de fin de xuño, que pasarón aquí os avos, oín cousas como:  teus país non teñen cartos para comprar outros pantalóns?, ou  Hai que facer algo con estes pantalóns!!.   Por que está claro  que así non podían seguir.
Xa sabemos que si vas a Zara nenos a mercar outros, atopalos igual de rotos por 19,95, pero as avoas xa sabemos como son.... (en outra ocasión falarei disto).
 
De modo que  me decidín a facer algo con eses rotos, a paseando por PINTEREST atopei estas ideas
 
 
 
 
E así quedaron as miñas
 
 
 


sábado, 20 de xullo de 2013

VESTIDO DE TEMPORADA

Gústame este tipo de vestido,  recto, de media manga, frequito de tela sedosa. Parece mo poñible en ocasións diversas.
 
 
 
 Pódese mercar aquí
 
E este verán a miña versión foi este
 
é de TRUCCO
 
E con estes zapatos
 
son wonders  e podes atopalos aquí.
 


sábado, 13 de xullo de 2013

ZAPATILLAS DE VERÁN

Non son exactamente alpargatas, pero si poden ser de esparto.
Seguro que teñen un nome molón que as blogueras de moda coñecerán todas. Eu non. Para min son zapatillas de verán, polo menos polo de agora.
Sempre me gustaron e son moi cómodas para o verán pero estas en concreto parecenme ideais.
 
 
Podes conseguilas aquí
 
 


luns, 18 de febreiro de 2013

QUE MANCHAS!!

Que horror, unha mancha nas zapatillas!
 
NON IMPORTA
 
Sempre podes continuar e conseguir, si tes sorte, algo tan chuli como isto!
 


venres, 15 de febreiro de 2013

CHOVE QUE CHOVE!

Este ano creo que a prenda que máis partido se lle pode sacar e a un chubasqueiro
 


domingo, 23 de decembro de 2012

LOOK FIN DE ANO

Sempre me gustaron os monos.
Será que sempre fun mais de pantalóns que de faldas.
 
 


sábado, 22 de decembro de 2012

CHALECO DE PELO

Gústanme moito os chalecos de pelo pero eu non me decidín de momento e facerme con un.
 


luns, 17 de decembro de 2012

CALCETÍNS CON BOTAS

Gústame moito o aspecto invernal e cálido que da combinar calcetíns altos con botas



luns, 10 de decembro de 2012

A COLA DE CABALO

Demasiadas veces acabo poñendo unha coleta, ou cola de cabalo, como lle chamabamos antes
 por que é moi cómoda.
E este peinado pareceume moi bonito
 
 


luns, 3 de decembro de 2012

MODA Y LAZOS

Poñer lazos a algo que non os tiña pode ser unha boa forma de cambiar unha prenda.
 





martes, 23 de outubro de 2012

BUFANDA

Quero unha bufanda como esta, ou parecida.
Gostariame facela a min, pero terei que buscar algún sitio onde conseguila


Source: etsy.com via Logan on Pinterest

sábado, 20 de outubro de 2012

RECICLADO

Este verán, estando na casa de miña nai, atopei un xersei meu de fai .... anos
que sempre me gustou moito.
Gardeino pensando en facer algo con el.
Agora atopei esta idea
 


sábado, 13 de outubro de 2012

CAMBIO DE TEMPORADA





Volta outra vez o cambio de temporada.
Cambiar as sandalias polas botas, reordear o armario, e botar un vistazo ás cousas do ano pasado, o que vale o que non e mirar o que quero mercar novo:   un vestido, un abrigo, uns zapatos, unha bufanda, un colar,....

En isto estou esta longa fin de semana, entre paseo e paseo.

venres, 5 de outubro de 2012

LOOK ENTRETEMPO

Este look gustoume moito e ademais creo que teño todo o preciso  para poder copialo.


martes, 28 de agosto de 2012

ULTIMOS LOOKS DE VERÁN

O verán acabase
 pero mentras teñamos tempo soleado
 daremos os últimos coletazos á roupa do verán