DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta TEIMAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEIMAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de decembro de 2014

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO



Teño dous fillos: un neno e unha nena. E ningún dos dous mostra os típicos esterotipos de xénero.
A EL non ten os típicos gustos de neno, como futbol, ou deportes en xeral, os coches...
A ELA non lle gostan as bonecas nen as princesas, nen as fadas...
E a min pareceme estupendo. Todos os xoguetes na casa son "neutrales" nese aspecto e os dous xogan a todo e a calquera cousa.
Francamente creo que a miña educación non tivo nada que ver, senon que é parte da personalidade de cada un deles. Si fose un forofo do fulbol, levariao a fultbol; si ela quixese colecionar barbies, pois mercariallas.
Pero non é así e alegrome moito. Sobre todo por ELA, por ser muller a porque aínda vivimos nunha sociedade que non é igualitaria.

Non vos perdades a reflexión que fan sobre as "nenas princesas" no blogue  INNOVARTE, a min pareceume, coma sempre moi acertada e compartoa completamente.

venres, 5 de decembro de 2014

NADAL 2014

Imaxe de Pinterest

Xa comeza a haber ambiente de Nadal, nas rúas, nas  tendas, e tamén na casa. Xa temos o calendario de advento pero non decoramos nada polo momento. Espero ao próximo luns festivo para facelo con calma,  cos nenos.
Deseamos que cheguen as vacacións, as festas, as reunións familiares e as sorpresas e agasallos varios.
Aínda que en realidade serán uns días similares aos de outros anos. Noiteboa e Nadal cuns avós, Findeano e Anonovo con outros  avós e a ansiosa chegada dos Reis na nosa casa.
Luces, polvoróns, mazapáns e turróns e se cadra algunha copichuela. Pero sobre todo un pouco de tempo para disfrutar de todo con algo mais de calma, que boa falta nos fai.

mércores, 3 de decembro de 2014

LISTAS, LISTAS E MAIS LISTAS

Teño a necesidade de apuntalo todo.
Fago lista da compra, lista do que teño que facer... no traballo, no cole,...
Lista de posibles actividades para facer cos nenos...
E encantarónme as seguintes listas que atopei aquí.
Estes son uns exemplos pero hai moitos mais.




venres, 3 de xaneiro de 2014

OS PROPÓSITOS PARA 2014

 
 
Tódolos anos me fago os mesmos propósitos.
Poderian ser estes
 
 
Son sempre os mesmos porque non os cumplo nunca.
 Ás  veces nin sequera o chego a intentar.
Outras veces planifico e organizo, e incluso empezó pero non son constante e avandono.
Supoño que como todo o mundo...
Pero este ano, teño un propósito diferente.
 
QUERO SER MAIS ASERTIVA!!!
 
Porque estou farta de calar moitas cousas, que non me gostan por medo a ofender, e evitar certas reaccións dos demais. E estou farta porque non quero que pareza que estou de acordo, que comparto esas ideas.  Quero defender o que penso e o que sinto en todo momento, eso si, sen ofender a ninguén (de ahí a necesidade de mellorar a miña asertividade).
Non quero calar cando escoito a compañeiros dicir  burradas.
Non podo evitar que os demais pensen como pensan pero si que se corten un pouco co que din e sobre todo en como o din.
 
E cando non me goste penso dicilo!


luns, 29 de xullo de 2013

BLOGUES ESCAPARATES

 
Esto de bloguear, entendendo isto como ler blogues, sempre me pareceu como mirar revistas  de cousas que sabes por anticipado que che van a gustar.
Cando estas a ler una revista, do tipo ou temática que sexa, sempre aparece publicidade, que na maioría das veces paso de largo.
Sempre leo os mesmos blogues, están dentro da miña  lista de favoritos e así teño localizados todos os que me interesan.  Vounos poñendo na lista cando atopo algún que me chama a atención por algo.
Pero co tempo voume dando conta de que algún deles pouco ofrecen, xa que sólo teñen publicidade.
Non me refiro a algunhas bloguers que fan referencia a certos productos e como non indican información dos mesmos, onde mercalos, etc, pero que , ademáis fan outras valoracións, nin as que mostran algún produto novedoso que acaban de descubrir.
 Refirome a outros nos que non hai opinión alguna, son simplemente anuncios, de roupa de nenos, de productos de beleza,.... post tras post son anuncios de cousas.
Estou pendente de borrar da miña lista de favoritos algún deses porque vou comprobando que non me aportan gran cousa.

luns, 22 de xullo de 2013

MEDIADORA

 
Cando comecei con este traballo xa sabía que non  había ser fácil.
Sabía que ía ter que lidiar entre nenos, familias, profes, equipos directivos e administración.
Dende a prespectiva de docente pensei que as familias e a administración serían os callos máis difíciles. Pero non.
Os nenos e nenas o mellor de todo con diferencia.
Da administración enseguida te das conta de como funciona, do que podes esperar e que non.
Das familias tamén sabes dende o primeiro momento que é o que queren, por que eu tamén son familia e todos (ou case que todos...., que sempre hai excepcións) queremos o mesmo para os nosos fillos e fillas. En xeral, enténdome moi ben con elas.
 
A miña sorpresa foron os propios compañeiros e compañeiras, profesionais queimados, que son boas persoas, que cumplen co seu horario e as súas responsabilidades, que son persoas abertas e democráticas no seu entorno, que foron incluso innovadores en algún tempo....
Pero que xa non están dispostos, nin preparados, pola razón que sexa, para enfrentarse novos cursos á educación e ao sistema educativo que precisamos.
 
Que non asimilan que o sistema debe de ofrecer a cada neno o que necesita, e non todos precisan o mesmo.
Que non entenden que ao reducir recursos é preferible ter un ordenador en cada aula que non una aula de informática incompleta.
Que son reaceos a usar a biblioteca escolar porque non hai nela una mesa e una silla para cada un dos 25 alumnos/as da súa clase.
Que siguen pretendendo que todos fagan o mesmo ao mesmo tempo porque é mellor.
Que malentenden a igualdade a recibir una educación de calidade, con que todos fagan as mesmas actividades.
 
En realidade estou segura de que entenden todo, de que saben que é o máis adecuado, pero que defenden unha opción por que é máis fácil, máis cómodo, require menos esforzó de preparación, de avaliación.... fai que se sintan máis seguros.
 
E a min quédame mediar con eles e elas, intentar que vaian facendo pequenos cambios, sobre todo  con aqueles nenos e nenas que máis necesitan a diferenciación. Que pouco a pouco vaian atendendo á diversidade do alumnado que máis o necesita. Que se dían conta que os seus coñecementos e a súa experiencia son un factor importante e que moitas veces é solo dun pequeño cambio de organización.
 
E o próximo curso non rendirme, continuar con este traballo,  que áinda que as veces me saque das casillas,  me encanta e do cal disfruto, tamén, en moitisimas ocasións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 


domingo, 24 de marzo de 2013

ESTE BLOGUE





Non sei como seguir con este blogue, non sei por que camiño tirar.  Pareceme caótico e sen sentido.
E non sei si quero que sexa algo insustancial como hasta agora, si simplemente unha recopilación de recursos e cousas bonitas, ou algo máis persoal.
As veces penso que debe ser todo iso, e as veces simplemente penso para que.
Estas vacación tiña pensado darlle unha volta. Personalizar a cabeceira con algunha idea que teño, pero como non vai a poder ser...
A ver si apartandome de todo isto uns días me ven a inspiración, ou avandono todo.
Agora que o penso ... cada blogue que suelo visitar e un reflexo da autora, e supoño que o mesmo pasarácon iste. É algo caótico porque a miña vida e tal cúal así. Moitos plan e ideas pero que non se levan a cabo porque non dou para máis. Estou soa para demasiadas cousas e teño que deixar algún lastre polo camiño.
Sólo teño que pensar cal e o que solto de todo, o que é superficial  e prescindible.
Creo que teño que pensar, de novo, os motivos de facer esto, das cousas positivas e negativas que ten e do que estou disposta a facer e o que non.

sábado, 23 de marzo de 2013

SEMANA SANTA


Levaba moito tempo pensando nestes días de vacacións. Descartamos viaxar para poder facer unha viaxe mellor na ponte das Letras.
Xa soñaba con un bo  Hotel, para mediados de Maio, con piscina e soliño, para secar os osos despois de tanta e tanta choiva. Con ou sen nenos, pero nos solos.
E soñaba con ter uns días de relax na casa, esta Semana Santa para durmir polas mañáns, colocar fotos e scrapear para poder seguir co proxecto Mamut, levar aos nenos á biblioteca, ao museo, ao cine, pasar un tranquilo día de pesca, cociñar e facer un pastel, facer a ginkana en busca dos ovos de Pascua,.... incluso ordear os armarios. En fin pasar unha semana tranquila, sen presas e descansando do ritmo trepidante de todo o trimestre.
Levo unha temporada  moi dura: os lios do piso de Rosalia, o mal rollo no cole, dolores físicos e malestares varios, a indiferencia de maromo, as dificultades de M,... en fin que dende o atropelo creo que levo unha temporada malísima, saio dunha e aparece outra.
 E coa sensación de pasar todo esto máis soa que a unha, porque si non choras e te queixas ninguén parece percatarse de que estás en momentos baixos, que necesitas unha tregua e non podes continuar coa esixencia do 200%.
De verdade necesito un respiro.
Pero parece ser que eses plans non van a poder ser.
Imos ir de viaxe 5 días.
E non teño gañas. Por moitas cousas: viaxe de 1200 Km, ida e volta con nenos...., maletas, roupas, organización e máis traballo para min....., a cidade non me aporta nada novo despois de visitala tropecentas veces ..., visitar familia que acaba de pasar 1 mes aquí....., pronóstico de mal tempo, e sobre todo porque a viaxe de relax de Maio vaise ao garete porque non hai cartos para as dúas cousas..... (o de problema dos cartos parece que solo me percato eu).

En fin que teño  3 días para verlle a parte boa á cousa, organizar e planexar a viaxe e ter un gran autocontrol para que non se me note a desgana.

De modo que estou emocionalmente baixa. De tódolos xeitos espero  cambiar de estado e ter a suficiente intelixencia e emocinal e resilencia para levantarme e continuar.

xoves, 7 de febreiro de 2013

FINLANDIA

Dos problemas ou resultados da educación fala todo o mundo, porque todo o mundo se cree con dereito a falar cando hai nenos por medio porque os nenos son de todos.
Pero antes de falar mal do sistema educativo, que ten cousas moi malas, e eu son a primeira en reciñecelo, deberiamos saber algo mais.
Cada sistema educativo está dentro dunha sociedade.
Tal e como e esa sociedade así será o sistema educativo.
Como todos falamos da educación, todos deberiamos tr a seguinte información.



martes, 25 de decembro de 2012

CARTA A PAPA NOEL

Non sei si chegarei a tempo de enviar a carta, pero vouna mandar por si acaso.
 
Querido Papá Noel:
Cada día do ano esforzome en ser boa, aínda que, parece evidente,  non sempre o consigo.
Pero por si considerás que merezo algo queria pedirche algo para o próximo ano.
Gustariame algo menos de desprecio e indiferencia.
Gustariame algo de afecto, un mimo, un abrazo inesperado, un cumplido....
Boto de menos ese afecto perdido e gustariame recuperalo.
Xa sei que nunca será coma antes pero, aínda que diferente gustariame disfrutalo de novo.
Bo Nadal!!

martes, 9 de outubro de 2012

AMO DE CASA

Encántame e sorprendeme esto dos AMOS DE CASA.
Debe de ser que eu solo os vexo en espazos virtuais e non coñezo a nengún na realidade.
Preocupados pola plancha, a compra, o aforro.....
Aqui tendes un exemplo dun Amo de casa e o seu blogue que me ten sorprendida

xoves, 20 de setembro de 2012

NO PUNTO MEDIO

No termo medio está a virtude.
Cada vez estou mais convencida de que  esta frase que levo  escoitando toda a vida é unha verdade absoluta.
Cada día mais, enfermo cos extremos, sexan do tipo que sexan.
Esas mamás perfectas que todo o saben e todo o entenden, que semellan tan seguras de si mesmas que resulta imposible que sexa verdade,
e eu con tantas dúbidas con respecto a esta labor da maternidade.
Así atopas algunha que sólo usa unha auga mineral determinada por que non sei que ten de mais ou de menos. Pois os meus fillos beben auga do grifo e está saniiisimos.
As mamás que si non bañan aos retoños todos, todos os dias non son capaces de conciliar o sono. Os meus van para a cama sen ducha cando coincide e eu durmo a perna solta.
Por outro lado están as que os peinan, visten, danlles de comer e mándanos á escola, como si fosen unha mascota pero nunca xogan con eles nin disfrutan da súa compaña. Eu procuro rirme con eles a diario.
As mamás que protestan porque o profe lles levantou a voz e os nenos se sinten amedrentados. Pois eu berro cos meus cando perdo a paciencia e siguen sendo uns nenos moi felices.

E como estes exemplos tantos e tantos que poderia facer unha lista interminable de ñoñerias e disparates. E podedes creerme que eu no traballo escoitoos a diario.

Non hai mamás perfectas, pero hai moitas supermamás

martes, 18 de setembro de 2012

AS ETAPAS PASADAS E QUE NUNCA FARÁS


Dende os 22 anos que comecei a traballar hasta os 35 que tiven o primeiro fillo fixen moitas cousas, viaxar, ver sitios, facer cousas e paseino moi ben.

Pero hai duas cousas, bueno supoño que mais, pero duas en especial que non fixen antes de ter nenos e que dubido moito de facer agora.
E síntoo.

Unha ir polo verán de cooperante. Tiven amigos que o fixeron e tiven a oportunidade, pero en aquel momento non me decidín, polas vacinas, a calor, as malas condicións... a perguiza, e agora sinto non telo feito.
Outra vivir unha temporada no extranxeiro. Como en canto acabei de estudar xa tiven chollo, chollazo, nunca tiven a oportunidade, ou necesidade segundo como se mire, de ter que buscarme a vida como fan agora moitos universitarios ou sin selo. Eu ao extranxeiro solo de guiri. E tamén sinto un pequeno baleiro e moita envexa cando vexo historias de xente que vive unha temporada, unha etapa da súa vida en outro pais. Puiden pedir unha excedencia e marchar uns meses a facer algo.... a algures.....

Pero quedará pendente para outra vida.

martes, 19 de xuño de 2012

IDEAS, IDEAS.... E FALTA DE TEMPO

Estou desexando ter vacacións.
Pero non pensedes que para non facer nada.
Todo o contrario.
Estou desexando estar de vacacións para ter tempo de facer todas as manualidades, actividades de costura, de fotografia, organizar os centos de fotos que teño por ahí, e varias ducias mais de cousas que teño pendentes e pensdas.
Para organizar a viaxe cos nenos e facer un caderno de viaxe con eles.
Para facer un montón de recetas novas...
En fin para facer todo o que a rutina diaria e a falta de tempo non me permite.

Bueno, e sendo sincera, tamén para non facer nada ....