DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA
Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
sábado, 23 de marzo de 2013
SEMANA SANTA
Levaba moito tempo pensando nestes días de vacacións. Descartamos viaxar para poder facer unha viaxe mellor na ponte das Letras.
Xa soñaba con un bo Hotel, para mediados de Maio, con piscina e soliño, para secar os osos despois de tanta e tanta choiva. Con ou sen nenos, pero nos solos.
E soñaba con ter uns días de relax na casa, esta Semana Santa para durmir polas mañáns, colocar fotos e scrapear para poder seguir co proxecto Mamut, levar aos nenos á biblioteca, ao museo, ao cine, pasar un tranquilo día de pesca, cociñar e facer un pastel, facer a ginkana en busca dos ovos de Pascua,.... incluso ordear os armarios. En fin pasar unha semana tranquila, sen presas e descansando do ritmo trepidante de todo o trimestre.
Levo unha temporada moi dura: os lios do piso de Rosalia, o mal rollo no cole, dolores físicos e malestares varios, a indiferencia de maromo, as dificultades de M,... en fin que dende o atropelo creo que levo unha temporada malísima, saio dunha e aparece outra.
E coa sensación de pasar todo esto máis soa que a unha, porque si non choras e te queixas ninguén parece percatarse de que estás en momentos baixos, que necesitas unha tregua e non podes continuar coa esixencia do 200%.
De verdade necesito un respiro.
Pero parece ser que eses plans non van a poder ser.
Imos ir de viaxe 5 días.
E non teño gañas. Por moitas cousas: viaxe de 1200 Km, ida e volta con nenos...., maletas, roupas, organización e máis traballo para min....., a cidade non me aporta nada novo despois de visitala tropecentas veces ..., visitar familia que acaba de pasar 1 mes aquí....., pronóstico de mal tempo, e sobre todo porque a viaxe de relax de Maio vaise ao garete porque non hai cartos para as dúas cousas..... (o de problema dos cartos parece que solo me percato eu).
En fin que teño 3 días para verlle a parte boa á cousa, organizar e planexar a viaxe e ter un gran autocontrol para que non se me note a desgana.
De modo que estou emocionalmente baixa. De tódolos xeitos espero cambiar de estado e ter a suficiente intelixencia e emocinal e resilencia para levantarme e continuar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario