DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.
Amosando publicacións coa etiqueta LIBROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LIBROS. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de xaneiro de 2017

12 MESES 12 LIBROS

PROPÓSITOS ANO NOVO


Que vos parece este reto?

Eu vouno a intentar porque 12 libros ao ano paréceme o número adecuado, tendo en conta que sempre polo medio teño que ler outras cousas que me xurden para o traballo.

Pero si un por mes che parece pouco aquí tes outro, para nivel avanzado....



domingo, 10 de xaneiro de 2016

A ADOLESCENCIA QUE NOS ESPERA


Debería estar preparada, pero no, ... 
un adolescente comezou "a abrir portas na casa".
Este curso comezamos unha nova etapa, novo cole, novos horarios, .... 
e NOVA PERSONALIDADE?

Xa comencei a agobiarme pensando en como afrontar esta nova etapa que promete ser longa e difícil.
E comencei  por informarme lendo algún libro:

- El talento de los adolescentes, de J Antonio Marina. Que nos mostra o funcionamento cerebral nesta etapa do desenvolvemento e as grandes posibilidades que ten.



Adolescentes, manual de instrucciones, de Fernándo Alberca. Libro moi práctico e que nos da grandes e pequenos consellos. Quédome co seguinte: hai que darlles o que eles non teñen, esto é  ser pacientes cando eles son impacientes, serenos cando eles son inquedos, comprensivos cando eles son desesperantes, e ter claro que aínda así os pais e nais perfectos non existen.


Cheguei a dúas conclusións moi básicas:  a primeira é querelos máis ca nunca e facerllo saber pese aos malos momentos.  e a segunda que todo pasa e que mentras tanto é moi bo  usar o sentido do humor.

Por si hai alguén que aínda non veu o video de Carles Capdevila no evento de Barcelona de Gestionando hijos,  aquí vos deixo o enlace.


E tampouco nos debemos esquecer do pasado, do noso pasado.


venres, 8 de xaneiro de 2016

BENVIDO 2016

Comezamos ano e como todos e todas teño novos propósitos...
Eu este ano quero "ORDENAR" as miñas cousas, a miña casa e a miña vida.
Acabo de ler o libro de MARIE KONDO  "La Mágia del orden".


Estou inspiradísima.
Non creo que  acabe desacéndome de todo o que debera e que o método Konmari aconsella, nin que remate falando coa casa ou as miñas pertenencias ... pero vaime vir moi ben para despexar armarios e para a  miña saúde mental.



domingo, 7 de setembro de 2014

sábado, 8 de decembro de 2012

OUTRA DE AGASALLOS

Esta idea para adornar os paquetes dos agasallos pareceme orixinal e sinxela.
A cada un a súa letra
 


martes, 4 de decembro de 2012

PARCAPÁXINAS

Este marcapáxinas de esquina pareceronme xeniais.
Ademais últimamente na casa o dos montros é un tema recurrente
 


domingo, 25 de novembro de 2012

25 DE NOVEMBRO

25 DE NOVEMBRO
DIA INTERNACIONAL CONTRA A
VIOLENCIA DE XENERO
 
Un día coma hoxe quero recomendar un libro
 
 
Podedes mercalo aquí.
Non é para nenos e nenas  pequenos  pero debe ser  para todos e todas os nenos e nenas en canto o podan entender.
 


sábado, 24 de novembro de 2012

ONDE VIVEN OS MONSTROS

Un libro xenial que a S encántalle
 
Para mercar aqui

 E despois de lelo facer isto
 

Source: flickr.com via Myan on Pinterest

mércores, 5 de setembro de 2012

SOY FELIZ, no me preocupo

Durante estas vacacións descubrín un libro precioso
mais información aqui.
Dende que son nai, teño a sensación de ter unha preocupación constante.
Si o penso sempre estou preocupada por algo,
aínda que me esforce en non estalo,
por que sei que non serve de nada.
Non por estar mais preocupada polos cachorros eres mellor nai,
mais ben ao contrario, seguro que lles mostras inseguridade.
Pero as veces os medos son irracionais.

martes, 5 de xuño de 2012

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Un día coma hoxe quero recomendar un libro que me parece interesante para familias como a miña.
Vivimos nun piso, e aínda que estamos na ría e ollamos un anaquiño de mar estamos rodeados de cemento  por todas partes.
E os nenos estanse criando aquí.
Estou convencinda de que os meus fillos padecen "déficit de natureza".
Intentamos compensalo con viaxes en camping, visitas a espazos naturais e parque pero necesitamos un impulso que nos guie e este libro e estupendo para darnos ideas de actividdes para facer cos nenos na natureza.


É de editorial GRAO