DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 10 de xaneiro de 2016

A ADOLESCENCIA QUE NOS ESPERA


Debería estar preparada, pero no, ... 
un adolescente comezou "a abrir portas na casa".
Este curso comezamos unha nova etapa, novo cole, novos horarios, .... 
e NOVA PERSONALIDADE?

Xa comencei a agobiarme pensando en como afrontar esta nova etapa que promete ser longa e difícil.
E comencei  por informarme lendo algún libro:

- El talento de los adolescentes, de J Antonio Marina. Que nos mostra o funcionamento cerebral nesta etapa do desenvolvemento e as grandes posibilidades que ten.



Adolescentes, manual de instrucciones, de Fernándo Alberca. Libro moi práctico e que nos da grandes e pequenos consellos. Quédome co seguinte: hai que darlles o que eles non teñen, esto é  ser pacientes cando eles son impacientes, serenos cando eles son inquedos, comprensivos cando eles son desesperantes, e ter claro que aínda así os pais e nais perfectos non existen.


Cheguei a dúas conclusións moi básicas:  a primeira é querelos máis ca nunca e facerllo saber pese aos malos momentos.  e a segunda que todo pasa e que mentras tanto é moi bo  usar o sentido do humor.

Por si hai alguén que aínda non veu o video de Carles Capdevila no evento de Barcelona de Gestionando hijos,  aquí vos deixo o enlace.


E tampouco nos debemos esquecer do pasado, do noso pasado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario