DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

venres, 28 de setembro de 2012

O OUTONO

Xa chegou o outono.
E inspirada polas circunstancias saquei fotos de bodegon coas cabazas que merquei na Feira Medieval.

Tamén de tódolos froitos "da casa" dos que temos a sorte de disfrutar



E estes repasadores de coiña que merquei esta semana en  Zarahome




xoves, 27 de setembro de 2012

O TEMPO E O GALO

Xa estamos case en outubro e a pesar das choivas dos últimos dias o galo do tempo está azul.
A ver se non cambia de color antes da fin de semana.

mércores, 26 de setembro de 2012

LIBROS INFANTILES

Estes son os libros que mais veces tiven que ler polas noites.
Primeiro a M, agora a S.

martes, 25 de setembro de 2012

BOLIS E ROTULAS

Neste post de LA FACTORIA PLÁSTICA queixanse das manchas de boli,
e recordoume una vez que S quixo pintarse de león con un rotulador.
Mirade o resultado

 
Podedes apreciar a sua cara!!
Está observándose no espello.
E non ensino o culete, porque tamen  pintou o rabo!!
E como podedes supoñer estivo varios dias cos marcas de León.

luns, 24 de setembro de 2012

MENSAXES POSITIVOS

 
 
Pareceme maravillosa esta mensaxe.
Hai moitas mais a cal   mellor no blogue
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


xoves, 20 de setembro de 2012

NO PUNTO MEDIO

No termo medio está a virtude.
Cada vez estou mais convencida de que  esta frase que levo  escoitando toda a vida é unha verdade absoluta.
Cada día mais, enfermo cos extremos, sexan do tipo que sexan.
Esas mamás perfectas que todo o saben e todo o entenden, que semellan tan seguras de si mesmas que resulta imposible que sexa verdade,
e eu con tantas dúbidas con respecto a esta labor da maternidade.
Así atopas algunha que sólo usa unha auga mineral determinada por que non sei que ten de mais ou de menos. Pois os meus fillos beben auga do grifo e está saniiisimos.
As mamás que si non bañan aos retoños todos, todos os dias non son capaces de conciliar o sono. Os meus van para a cama sen ducha cando coincide e eu durmo a perna solta.
Por outro lado están as que os peinan, visten, danlles de comer e mándanos á escola, como si fosen unha mascota pero nunca xogan con eles nin disfrutan da súa compaña. Eu procuro rirme con eles a diario.
As mamás que protestan porque o profe lles levantou a voz e os nenos se sinten amedrentados. Pois eu berro cos meus cando perdo a paciencia e siguen sendo uns nenos moi felices.

E como estes exemplos tantos e tantos que poderia facer unha lista interminable de ñoñerias e disparates. E podedes creerme que eu no traballo escoitoos a diario.

Non hai mamás perfectas, pero hai moitas supermamás

mércores, 19 de setembro de 2012

UNHA CASA NUNHA ARBORE

¿Que neno ou nena non desexou ter unha casa nunha árbore?
A min sempre me fascinaron as cabanas en xeral pero si estaban nunha árbore imaxinate,
lo mas de lo mas.....

¿A quen non lle gosta algo así?




martes, 18 de setembro de 2012

AS ETAPAS PASADAS E QUE NUNCA FARÁS


Dende os 22 anos que comecei a traballar hasta os 35 que tiven o primeiro fillo fixen moitas cousas, viaxar, ver sitios, facer cousas e paseino moi ben.

Pero hai duas cousas, bueno supoño que mais, pero duas en especial que non fixen antes de ter nenos e que dubido moito de facer agora.
E síntoo.

Unha ir polo verán de cooperante. Tiven amigos que o fixeron e tiven a oportunidade, pero en aquel momento non me decidín, polas vacinas, a calor, as malas condicións... a perguiza, e agora sinto non telo feito.
Outra vivir unha temporada no extranxeiro. Como en canto acabei de estudar xa tiven chollo, chollazo, nunca tiven a oportunidade, ou necesidade segundo como se mire, de ter que buscarme a vida como fan agora moitos universitarios ou sin selo. Eu ao extranxeiro solo de guiri. E tamén sinto un pequeno baleiro e moita envexa cando vexo historias de xente que vive unha temporada, unha etapa da súa vida en outro pais. Puiden pedir unha excedencia e marchar uns meses a facer algo.... a algures.....

Pero quedará pendente para outra vida.

luns, 17 de setembro de 2012

PEDRAS PINTADAS

Cada vez que facemos excursións á praia ou ao rio
 acababos traendo para a casa pedras.
Xa sei que non se debe de traer nada dos espazos naturais, pero...
é imposible de evitar.
De modo que de vez en cando intentamos darlles uso.
Pintalas é algo que nos gusta.
Mirade que ideas tan boas









domingo, 16 de setembro de 2012

OS CANS

Teño que recoñecer que non me gostan os cans.
Non teño nada en contra pero non me fan gracia.
 
Os nenos están desexando ter un, e eu , non fago mais que poñer disculpas porque o que lle faltaba á miña complicada vida é ter un can. Temos peixe, pode que hasta consigamos un periquito, pero can...teñen moi dificil o de convencerme.

Creo que a culpa teñena certo donos de cans, que coa sua actitude, póñome hasta nerviosa.
 
Pareceme fatal os que non recollen as cacas, e podede crer que son moitos.
 
Odio cando un can sen bozal e correa achégase aos nenos (boca de can a mesma altura de cabeza neno) e os donos din "tranquila que non fai nada". Eu sempre penso non che fai nada a ti que eres o dono pero a min ou a un neno que lle pode facer algo que non lle goste??
Non coñecemos ao can nin ao dono.
Saeme o instinto animal de protección dos meus propios cachorros e 
paso medo por culpa  do can de outros !!!

Pareceme increible a xente que ten can e non ten fillos e comparan as condutas dos nenos coas dos cans!! Non vos pasou nunca??
 
Recoñezo que son bos compañeiros, e axudan a moita xente, que hai que coidalos e os que os maltratan teñen delio, pero un neno e un neno e un can ... un can...
 
Sempre me fixo gracia eso de que os cans parecense aos donos...
¿como seria o noso?
 
 

venres, 14 de setembro de 2012

TAPIZADOS

Os tapizados con diferentes estampados parecenme moi orixinais.
Xa fai tempo que me gustan.










Source: purodeco.com via Isabel on Pinterest



xoves, 13 de setembro de 2012

PÚBLICO


É curioso esto dos blogues e do público que teñen.
Alucino de  pensar que nas derradeiras semanas recibín tantas visitas de Alemania e Rusia que de España, tendo enconta ademais que aquí mais da metade son miñas.
Imaxinome... que entrarán de casualidade ...  ou alguén que o mira tódolos dias....
¡ Encántame esta internacionalidade!
Síntome cidadán do mundo


martes, 11 de setembro de 2012

ESCALEIRAS

 
Estas  ideas para utilizar o espacio debaixo das escaleiras son estupendas
 
 

Source: hometalk.com via Carol on Pinterest





Source: mediadump.com via Madi on Pinterest

luns, 10 de setembro de 2012

ORGANIZAR O DIA A DIA

Non falta moito para o comezo de curso.
Xa temos que mercar os libros do cole, o material, forrar libros, poñer nomes....
Xa estou con todo iso na cabeza.
 
Cando comeza o ritmo escolar intento deixar as cousas preparadas o dia anterior para que o dia comece con orden e sen fallos e olvidos de última hora. Temos o tempo tan xusto polas mañas que non queda nada para a improvisación.
Hai veces que saimos as 8:30 e non voltamos hasta a noite polo que hai que levar non so o do cole, senon as merendas, o necesario para as actividades e outros recados.
 
Esta idea pareceume estupenda tanto para os nenos coma para min.
Teño que atopar o sitio  para poñelo en práctica porque creo que me vai a facilitar a vida.
 

domingo, 9 de setembro de 2012

ORIGAMI

Estas bonecas de origami parecerónme preciosas e relativamente sinxelas de facer
 

Podedes atopar o titorial de estas bonecas e de outras cousas estupendas na enlace de abaixo
 
 


sábado, 8 de setembro de 2012

MOSAICOS

A partir de estas ideas
 

 
propuxen un traballo aos nenos e este foi o resultado
 
 
 


venres, 7 de setembro de 2012

PRATOS NAS PAREDES

Nunca ma gustaron os pratos nas paredes como decoración.
Sempre pensei que eu non os poñería nunca na miña casa... hasta  que vin esto.
Así hasta me gusta
 


Source: homedit.com via Isabel on Pinterest

xoves, 6 de setembro de 2012

2 MESES E MEDIO DE VACACIÓNS

Non é que me parezan moitas as vacacións escolares... ja,ja,ja,...
 
Pero despois de levar 2 meses sin separarme dos nenos nas 24 horas do dia...
 
Sinto mostrar esta debilidade paro hai veces que non podo con eles...
Neses momentos riome das pedagoxias que pretenden educar sen berros nin ameazas..
 
Por que non terán un botón de OF que nos permitan uns minutos de relax?
E no verán os dias son tan largos e as noites tan curtas...
 
Haberá algún emprendedor que invente algo así pero que funcione de verdade???
 


mércores, 5 de setembro de 2012

SOY FELIZ, no me preocupo

Durante estas vacacións descubrín un libro precioso
mais información aqui.
Dende que son nai, teño a sensación de ter unha preocupación constante.
Si o penso sempre estou preocupada por algo,
aínda que me esforce en non estalo,
por que sei que non serve de nada.
Non por estar mais preocupada polos cachorros eres mellor nai,
mais ben ao contrario, seguro que lles mostras inseguridade.
Pero as veces os medos son irracionais.

martes, 4 de setembro de 2012

TALLER DE SELOS

Outra das moitas actividades que fixemos os nenos e eu durante as vacacións foi un mini taller de cravado de selos.
Usamos gomas de borrar grandes cortadas á metade, as gubias e tinta.
 
Así o fixemos
 





domingo, 2 de setembro de 2012

FLORES, FLORES E FLORES

Francia é un pais que me gosta especialmente.
Unha das cousas que mais me gostan e a importancia que lle dan as flores como decoración de espacios exteriores.
Os xardíns e espacios públicos están cheos de flores.
As innumerables rotondas das carreteras están super cuidadas.
Vin unha  que me gustou especialmente. Simplemente era un campo cheo de multicolores flores silvestres.
 
Cando vin esta foto inmediatamente me acordei dela.