Teño que recoñecer que non me gostan os cans.
Non teño nada en contra pero non me fan gracia.
Os nenos están desexando ter un, e eu , non fago mais que poñer disculpas porque o que lle faltaba á miña complicada vida é ter un can. Temos peixe, pode que hasta consigamos un periquito, pero can...teñen moi dificil o de convencerme.
Creo que a culpa teñena certo donos de cans, que coa sua actitude, póñome hasta nerviosa.
Pareceme fatal os que non recollen as cacas, e podede crer que son moitos.
Odio cando un can sen bozal e correa achégase aos nenos (boca de can a mesma altura de cabeza neno) e os donos din "tranquila que non fai nada". Eu sempre penso non che fai nada a ti que eres o dono pero a min ou a un neno que lle pode facer algo que non lle goste??
Non coñecemos ao can nin ao dono.
Non coñecemos ao can nin ao dono.
Saeme o instinto animal de protección dos meus propios cachorros e
paso medo por culpa do can de outros !!!
Pareceme increible a xente que ten can e non ten fillos e comparan as condutas dos nenos coas dos cans!! Non vos pasou nunca??
paso medo por culpa do can de outros !!!
Pareceme increible a xente que ten can e non ten fillos e comparan as condutas dos nenos coas dos cans!! Non vos pasou nunca??
Recoñezo que son bos compañeiros, e axudan a moita xente, que hai que coidalos e os que os maltratan teñen delio, pero un neno e un neno e un can ... un can...
Sempre me fixo gracia eso de que os cans parecense aos donos...
¿como seria o noso?
Ningún comentario:
Publicar un comentario