DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 10 de setembro de 2012

ORGANIZAR O DIA A DIA

Non falta moito para o comezo de curso.
Xa temos que mercar os libros do cole, o material, forrar libros, poñer nomes....
Xa estou con todo iso na cabeza.
 
Cando comeza o ritmo escolar intento deixar as cousas preparadas o dia anterior para que o dia comece con orden e sen fallos e olvidos de última hora. Temos o tempo tan xusto polas mañas que non queda nada para a improvisación.
Hai veces que saimos as 8:30 e non voltamos hasta a noite polo que hai que levar non so o do cole, senon as merendas, o necesario para as actividades e outros recados.
 
Esta idea pareceume estupenda tanto para os nenos coma para min.
Teño que atopar o sitio  para poñelo en práctica porque creo que me vai a facilitar a vida.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario