DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

xoves, 20 de setembro de 2012

NO PUNTO MEDIO

No termo medio está a virtude.
Cada vez estou mais convencida de que  esta frase que levo  escoitando toda a vida é unha verdade absoluta.
Cada día mais, enfermo cos extremos, sexan do tipo que sexan.
Esas mamás perfectas que todo o saben e todo o entenden, que semellan tan seguras de si mesmas que resulta imposible que sexa verdade,
e eu con tantas dúbidas con respecto a esta labor da maternidade.
Así atopas algunha que sólo usa unha auga mineral determinada por que non sei que ten de mais ou de menos. Pois os meus fillos beben auga do grifo e está saniiisimos.
As mamás que si non bañan aos retoños todos, todos os dias non son capaces de conciliar o sono. Os meus van para a cama sen ducha cando coincide e eu durmo a perna solta.
Por outro lado están as que os peinan, visten, danlles de comer e mándanos á escola, como si fosen unha mascota pero nunca xogan con eles nin disfrutan da súa compaña. Eu procuro rirme con eles a diario.
As mamás que protestan porque o profe lles levantou a voz e os nenos se sinten amedrentados. Pois eu berro cos meus cando perdo a paciencia e siguen sendo uns nenos moi felices.

E como estes exemplos tantos e tantos que poderia facer unha lista interminable de ñoñerias e disparates. E podedes creerme que eu no traballo escoitoos a diario.

Non hai mamás perfectas, pero hai moitas supermamás

Ningún comentario:

Publicar un comentario