DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 22 de xullo de 2013

MEDIADORA

 
Cando comecei con este traballo xa sabía que non  había ser fácil.
Sabía que ía ter que lidiar entre nenos, familias, profes, equipos directivos e administración.
Dende a prespectiva de docente pensei que as familias e a administración serían os callos máis difíciles. Pero non.
Os nenos e nenas o mellor de todo con diferencia.
Da administración enseguida te das conta de como funciona, do que podes esperar e que non.
Das familias tamén sabes dende o primeiro momento que é o que queren, por que eu tamén son familia e todos (ou case que todos...., que sempre hai excepcións) queremos o mesmo para os nosos fillos e fillas. En xeral, enténdome moi ben con elas.
 
A miña sorpresa foron os propios compañeiros e compañeiras, profesionais queimados, que son boas persoas, que cumplen co seu horario e as súas responsabilidades, que son persoas abertas e democráticas no seu entorno, que foron incluso innovadores en algún tempo....
Pero que xa non están dispostos, nin preparados, pola razón que sexa, para enfrentarse novos cursos á educación e ao sistema educativo que precisamos.
 
Que non asimilan que o sistema debe de ofrecer a cada neno o que necesita, e non todos precisan o mesmo.
Que non entenden que ao reducir recursos é preferible ter un ordenador en cada aula que non una aula de informática incompleta.
Que son reaceos a usar a biblioteca escolar porque non hai nela una mesa e una silla para cada un dos 25 alumnos/as da súa clase.
Que siguen pretendendo que todos fagan o mesmo ao mesmo tempo porque é mellor.
Que malentenden a igualdade a recibir una educación de calidade, con que todos fagan as mesmas actividades.
 
En realidade estou segura de que entenden todo, de que saben que é o máis adecuado, pero que defenden unha opción por que é máis fácil, máis cómodo, require menos esforzó de preparación, de avaliación.... fai que se sintan máis seguros.
 
E a min quédame mediar con eles e elas, intentar que vaian facendo pequenos cambios, sobre todo  con aqueles nenos e nenas que máis necesitan a diferenciación. Que pouco a pouco vaian atendendo á diversidade do alumnado que máis o necesita. Que se dían conta que os seus coñecementos e a súa experiencia son un factor importante e que moitas veces é solo dun pequeño cambio de organización.
 
E o próximo curso non rendirme, continuar con este traballo,  que áinda que as veces me saque das casillas,  me encanta e do cal disfruto, tamén, en moitisimas ocasións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario