DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

martes, 9 de xullo de 2013

NOVA ETAPA

Fai mais du ano que comencei co blogue.
A pesar de entusiasmarme ... deixei de publicar fai uns meses.
Estaba  algo desilusionada e desmotivada.
 
Pero agora, que estou, por fin, de vacacións quero retomar isto de forma máis organizada e sistemática.
Non pretendo outra cousa que pásalo ben.
Compartir o que fago, o que me gusta e o que me disgusta con calquera que lle interese.
Sentirme de algún modo acompañada.
 
Non quero ter obrigas, pero si quero facer as cousas mellor.
Intento aprender cada día un pouco e ir mellorando as cousas a medida que poda, pero ao fin e ao cabo esto é una afición, non un traballo, non son profesional, polo que farei os cambios con calma.
Seguirei editando fotos malas e tendo moitos fallos pero fareino porque quero.
O que si quero e ter máis opinión propia, máis crítica, ser máis Valente, e quen lle goste ben e a quen non tamén.
 
 
Por iso hoxe quero comenzar mostrando una actividade que fixen cos nenos esta semana.
 
É una actividade que vin neste blogue INNOVARTE, que me pareceu moi interesante.
 
Así que fun aos chinos e merquei a laca de uñas máis barata que atopei (0,75) e un par de lenzos (2,25)
 
E... mans á obra...
 
 O proceso foi o seguinte:
 
1- nunha tina botamos auga e vertemos os colores que esmalte de uñas.
2- con un palillo mezclamos un pouco a pintura, con suavidade e sen bater.
3- colocamos o lenzo boca abaixo dentro da tina.
4- sacamolo rápido e poñemolo a secar.
 
Repetimos o proceso para o segundo cadro.
 
E o resultado final foi este:
 
 
Diferentes, únicos e impredecibles como os seus autores.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario