DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

mércores, 10 de xullo de 2013

CASA DE BONECAS

Fai xa uns meses, un domingo cando voltaba do teatro cos nenos, atopamos ao lado dun contenedor de basura una bolsa con parte dunha casa de bonecas....
e a miña curiosidade (e pode que o síndrome de ....) fixo que me achegara a ela...
E descubrimos que eran un montón de mobles dunha casiña de bonecas, empaquetados e sen abrir. Emocionámonos e collimolos todos.
De modo que uns días despois, utilizamos unha estupenda caixa dun xamón que levaba na casa máis dun ano, e que non nos decidíamos a tirar e fixemos esta maravilla de casa de bonecas.
Aos nenos gustoulles pero a min moito máis.

 

Moitas grazas á persoa que comezou esta colección e ao non querer completala decideu que a outros lles podía interesar,  A NOS!!!!
 
 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario