Tódolos anos me fago os mesmos propósitos.
Poderian ser estes
Son sempre os mesmos porque non os cumplo nunca.
Ás veces nin sequera o chego a intentar.
Outras veces planifico e organizo, e incluso empezó pero non son constante e avandono.
Supoño que como todo o mundo...
Pero este ano, teño un propósito diferente.
QUERO SER MAIS ASERTIVA!!!
Porque estou farta de calar moitas cousas, que non me gostan por medo a ofender, e evitar certas reaccións dos demais. E estou farta porque non quero que pareza que estou de acordo, que comparto esas ideas. Quero defender o que penso e o que sinto en todo momento, eso si, sen ofender a ninguén (de ahí a necesidade de mellorar a miña asertividade).
Non quero calar cando escoito a compañeiros dicir burradas.
Non podo evitar que os demais pensen como pensan pero si que se corten un pouco co que din e sobre todo en como o din.
E cando non me goste penso dicilo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario