Mañá saímos de vacacións uns días.
Imos visitar a cornisa cantábrica.
Coma sempre cos nenos e de camping.
Espero desconectar do traballo, as rutinas da casa e disfrutar do marido e dos fillos e como non da paisaxe.
Espero que teñamos un tempo aceptable, que para auga xa nos chegou o ano pasado.
Pero non pensedes que a desconexión vai a ser total porque levo deberes:
*inspirarme moito
*descansar
*sacar fotos do reto de xullo de LE DOY LA VUELTA AL MUNDO.
Entre outras cousas como pasear, ver cousas novas, comer ben.....
De tódolos xeitos espero que haxa wifi no camping, para non perder os bos hábitos...
Voltarei mais o menos o día da PATRIA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario