Entre o meu repaso diario de blogs que me gustan atopei varios post nos que, as súas autoras, fan referencia aos motivos polos que cada unha delas ten o seu blog.
E eu tamén me puxen a pesar porque fago o meu.
Normalmente comezaron, en moitos deles, porque venden algo.
Eu non vendo nada nin teño interese ningún en complicarme a vida con nada semellante,
aínda que conseguira facer algunha cousa tan ben como para poder vendela.
Normalmente comezaron, en moitos deles, porque venden algo.
Eu non vendo nada nin teño interese ningún en complicarme a vida con nada semellante,
aínda que conseguira facer algunha cousa tan ben como para poder vendela.
Non teño interese ningún en ter publicidade nin nada parecido.
Teño claro que o fago para min e solo para min.
Sin embargo elégrome de que suba algo o número de visitas e supoño que no momento en que alguén se decideu a facer un comentario hasta me puxen nerviosa, ou cando apareza algún seguidor/a levarei unha gran ledicia.
Por que esa necesidade de mostrar certas intimidades?
Esta especie de anonimato ten un poder especial.
Tampouco teño claro os límites do mesmo: non sei si o que quero e dar datos persoais, ou poñer fotos de nos ou non.
Supoño que a medida que o blog vaia evolucionando podo ir decidindo como quero enfocalo.
De mometo fasciname esta posibilidade de ensinar e dicir o que realmente me pete.
Creo que son mais feliz dende que sigo os meus blogs favoritos e dende que eu fago o meu.
Pode que sexa unha copiona pero cando vin o que outras facian
pensei en que eu, tamén queria facer algo semellante, e por que non?
Paso uns ratos estupendos e iso vale moito.
Algunha veces leo posts neses blogs cos que me sinto tan identificada, que creo que si me puxese a explicar o mesmo non cambiaria nin unha coma.
Todos son diferentes, como cada unha das súas autoras e as súas circunstancias vitais.
E todas elas teñen algo especial.
AS MIÑAS RAZÓNS PARA FACER O BLOG
- Sérveme para ter organizados os meus blogs favoritos, e así poder votarlles unha ollada ao que me gusta e me interesa.
- Sei cando un de eses blogs favoritos ten un post novo, e así estou ao tanto das novedades.
- Para min é como ter unha revista personalizada,na que podo escoller ver solo o que de verdade me gosta, é como ter un índice das cousas que me interesan.
- Síntome menos soa dende que o fago.
- Mántenme un pouco actualizada coas novas tecnoloxias. Xa sabes ou te moves ou caducas. Cada dia aprendo algo.
- Cubro a necesidade diario no que solo me lamentaba. aquí ao contrario mostro o que me gosta.
- ..
- ...
- ... seguro que se me van ocurrindo moitas mais
Ningún comentario:
Publicar un comentario