DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

martes, 10 de xullo de 2012

SARGADELOS


Vou a facer un pouco de patria.
Que conste que non me subenciona en absoluto.

Pero teño que dicir que me gostan as cousas que fan, e que forman parte da miña vida e dos meus recordos dende a mais tenra infancia.



E como non podia ser de outro xeito na casa temos moitas cousas de Sargadelos.
A louza  é fantástica, hai fontes que van ao forno e  directamente á mesa e todo vai ao lavalouzas sen nengún problema.



A fabrica está no Concello de Cervo, na mariña de Lugo e está nun entorno maravilloso


Podedes ver os seus diseños aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario