Fai unhas semanas M puxo un dente debaixo da almofada para que o rato Perez llo cambiase por un agasallo pero resulta que ao día seguinte non habia agasallo e o dente cambiara de posición e atopouno xunto aos pes....
Rapidamente atopou unha xustificación a tal despiste por parte do rato.... como o dente se moveu de debaixo da almofada non o puido atopar de modo que para o próximo dente que caia deberiamos inventar "algo" e que ese suceso non se repetira.
Ademais que como a S lle falta pouco para cumprir os 6 aínda nos quedan por vir moitas visitas do Sr. Pérez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario