Estando de vacacións neste paraiso natural era imprescidible pasar un dia de pesca nas pozas que quedan cando baixa a marea.
No intermareal tan rico en vida no que é unha gozada observar todo o que hai nesas pociñas.
No intermareal tan rico en vida no que é unha gozada observar todo o que hai nesas pociñas.
Temos o instrumental
Igualiño que o cangrexo de Perico se deberon de sentir seres varios que os meus fillos se empeñaron en pescar... que me parecemoi ben;
e en levar para a casa nun caldeiro ....cousa que non me pareceu tan ben,
polo aquel de ser ecolóxicos e respetuosos con calquera ser vivo.
e en levar para a casa nun caldeiro ....cousa que non me pareceu tan ben,
polo aquel de ser ecolóxicos e respetuosos con calquera ser vivo.
Pero non fun quen de convencelos.
Quen non fixo o mesmo de neno?
Pois iso, que os pobres animais sufriron o indecible, como unha tortura, baixo a atenta mirada dos meus cachorros.
Poidemos observar como a convivencia entre eles se ia degradando: os peixiños prateados, que non sei o que son morrian os primeiros e eran deborados polos camaróns, que á súa vez eran a comida dos outros. Os mogaros no sei intento de escapar morrian fora da auga e o cangrexo foi perdendo as patas unha a unha. So sobreviviron os bígaros,
que afeitos a vivir nas pedras aguantan calquera cousa.
que afeitos a vivir nas pedras aguantan calquera cousa.
En plena agonia tiñan este aspecto
Como xa dixen ... igualiño que o do conto
Ningún comentario:
Publicar un comentario