Sempre fun unha persoa ordeada.
Gústame ter ben os armarios, os papeis e cousas do traballo, os caixóns e todo en xeral.
Gústamne as caixas, as cómodas con caixóns e me pirra a sección de ordeación de Ikea.
Tamén é verdade que vivir en sitios pequenos e coa tendencia que eu teño a acumular cousas fai que ser ordeado se convirta nunha necesidade de supervivencia.
Dende que teño os nenos, outra necesidade, a de vivir tranquila, fixo que me afixese mais ao desorden.
Convivir con roupa sen planchar, xoguetes polo pasillo, zapatos debaixo da cama, migas de galletas en calquera sitio. Cousas pousadas de forma provisional, en calquera sitio e que permanecen meses sin moverse.... tantas e tantas cousas que pasan.
Pero ese gen "orden" ven conmigo e cada vez que vexo ou atopo unha idea nova sobre ordeación disfruto.
Como coas seguintes
Ningún comentario:
Publicar un comentario