Encántanme as cousas: adornos, fotos, cadros, recordos de sitios, caixiñas....
Levo anos e anos acumulando cousas, o marido as suas e os nenos.... nin te imaxinas as trangalladas que poden acumular.
Pero odio as casas atiborradas de cousas.
Cada vez que estou na casa de meus pais ou de meus sogros penso nas cantidades de cousas que sobran.
Na miña tamén, pero resultame,supoño que igual que a eles moi dificil prescindir delas porque son parte da vida de cada un.
De modo que paso gañas de ter cousas, mais cuadros ou adornos por moi bonitos que me parezan porque non quero atiborrar mais a casa, que xa está bastante chea.
Creo que por iso me gostan tanto os ambentas brancos, porque aínda que con cousas, dan sensación de claridade, limpeza,.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario