DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 19 de xaneiro de 2015

OUT TO SEA

OUT TO SEA
THE PLASTIC GARBAGE PROJECT


O PROXECTO DOS RESIDUOS DE PLÁSTICO.

Marcelo asiste dende fai uns meses a un Taller de Enriquecemento chamado  EUREKA+.
Hasta o de agora traballaron aspectos da natureza, biodiversidade,...
Como fin de temática da actividade fomos de excursión a Vigo, xa que na FUNDACIÓN BARRIE, hai unha exposición estupenda sobre o lixo plástico que frota polos nosos mares formando grandes illas de basura, con todo o que iso acarrea para todos nos.
A exposición está hasta o 1 de Marzo e merece a pena visitala.
Se queres saber máis  aquí  e aquí.


Como remate final realizamos un taller, no que  realizamos un autoretrato, con material de refugallo.
E este foi o resultado de Marcelo e Sabela (Sabela tamén foi aínda que non participa nos talleres).

Foto mala,malisima, sacada co movil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario