DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

venres, 31 de agosto de 2012

OS ESCESOS DAS VACACIÓNS

Durante o verán considero imposible seguir unha dieta adecuada.
Que si a caña e a tapita.
Que si as festas gastronómicas tan abundantes na nosa terriña.
Que si as xuntanzas veraniegas con familiares e amigos.... as comidas camprestres, os churrascos....
 
En setembro hai que poñerlle remedio, de modo que a partir do luns este vai a ser a culler que use,
ja,ja,ja,....
 


xoves, 30 de agosto de 2012

INVENTOS CURIOSOS 1

Algunhas veces ves algunha idea que che pode facilitar a vida e son tan sinxelas que me pregunto como non din con isto moito antes
 


Source: reddit.com via Isabel on Pinterest

Source: hometalk.com via Raquel on Pinterest

mércores, 29 de agosto de 2012

NOVO CORTO DE PIXAR

A semana pasada fomos ao cine  a ver a nova película de animación
BRAVE, da que  podedes ver o trailer aqui
 
 
 
A peli está moi ben, gústoulle moito a S, xa que se trata dunha princesa atípica e nada que ver coas melosas e empalagosas princesas Disney, que non lle gostan nada, e do cal eu elégrome moito.
Ademais dunhas estupenda posta en escena  en Escocia e a cultura e simboloxia Celta, coa que nos sentimos moi identificados.
 
Pero a sorpresa foi un corto que puxeronantes titulado LA LUNA, que nos gustou especialmente
Podedes ver o trailer aquí.
 


martes, 28 de agosto de 2012

ULTIMOS LOOKS DE VERÁN

O verán acabase
 pero mentras teñamos tempo soleado
 daremos os últimos coletazos á roupa do verán
 

 
 


luns, 27 de agosto de 2012

UN PARAISO NATURAL

Quero ensinaros unhas imaxes para que confirmedes vos mesmos que temos un paraiso
e ben preto da casa.




 
 
 

domingo, 26 de agosto de 2012

venres, 24 de agosto de 2012

xoves, 23 de agosto de 2012

COUSAS, COUSAS E COUSAS

Encántanme as cousas: adornos, fotos, cadros, recordos de sitios, caixiñas....
Levo anos e anos acumulando cousas,  o marido as suas e os nenos.... nin te imaxinas as trangalladas que poden acumular.

Pero odio as casas atiborradas de cousas.
Cada vez que estou na casa de meus pais ou de meus sogros penso nas cantidades de cousas que sobran.
Na miña tamén, pero resultame,supoño que igual que a eles moi dificil prescindir delas porque son parte da vida de cada un.

De modo que paso gañas de ter cousas, mais cuadros ou adornos por moi bonitos que me parezan porque non quero atiborrar mais a casa, que xa está bastante chea.

Creo que por iso me gostan tanto os ambentas brancos, porque aínda que con cousas, dan sensación  de claridade, limpeza,.....



mércores, 22 de agosto de 2012

MODA

Os panos na cabeza parecen tempos do pasado, das avoas.
Poden ser moi estilosos sobre todo si son de Hermes.
Pero aínda que se trate dun sucedaneo
estas ideas son especiais.


 

martes, 21 de agosto de 2012

COSTURA E AGASALLOS

Xa falei algunha vez do que me gosta facer paquetes para agasallos que sexan orixinais e diferentes.
Tamén da miña debilidade pola costura.
Unir as duas cousas pareceme do mais orixinal.
Mirade algunhas mostras.





luns, 20 de agosto de 2012

O BENDITO ORDEN

Sempre fun unha persoa ordeada.
Gústame ter ben os armarios, os papeis e cousas do traballo, os caixóns e todo en xeral.
Gústamne as caixas, as cómodas con caixóns e me pirra a sección de ordeación de Ikea.
Tamén é verdade que vivir en sitios pequenos e coa tendencia que eu teño a acumular cousas fai que ser ordeado se convirta nunha necesidade de supervivencia.

Dende que teño os nenos, outra necesidade, a  de vivir tranquila, fixo que me afixese mais ao desorden.
Convivir con roupa sen planchar, xoguetes polo pasillo, zapatos debaixo da cama, migas de galletas en calquera sitio. Cousas pousadas de forma provisional, en calquera sitio e que permanecen meses sin moverse....  tantas e tantas cousas que pasan.

Pero ese gen  "orden" ven conmigo e cada vez que vexo ou atopo unha idea nova sobre ordeación disfruto.
Como coas seguintes




sábado, 18 de agosto de 2012

RINCÓN DA CASA

Nova imaxen da miña casa.


Agasallo dunha boa amiga fai xa.... mil anos

venres, 17 de agosto de 2012

ESQUINAS ORIXINAIS

O pasillo da miña casa ten tres esuinas que teño protexidas con cantoneras.
Fan a súa función, sobre todo mentras os nenos son pequenos e andan sen coidado pero que en realidade non me gostan nada e estou desexando sacalas.

Por outro lado encantanme as fotografias familiares sobre todo dos nenos
 e teño unha boa colección nas paredes.

Atopei esta formula que une as dúas cousas e me parece estupenda.

xoves, 16 de agosto de 2012

MODA

A combinación de color camel e azul claro sempre foi unha das miñas favoritas.
Esta proposta en concreto gostoume moito



mércores, 15 de agosto de 2012

ENVEXA SANA

Ante todo quero deixar claro que me gusta o piso que teño e estou encantada coa miña casa.
Pero acabadas as vacacións toca recoller todos os cachivaches utilizados na viaxe, ordear a casa e aprobeitar o tempo antes de comezar a traballar para poñer as cousas en orden e sobrew todo facer sitio para continuar acumulando cousas.

E  ao ver certos espazos caeme a cara de envexa
mirade que armario!
























E que me decides de este cuarto da plancha

Source: decorpad.com via Zaidah on Pinterest
E o orden desta despensa?




E o armario dos materiais de manualidades?


É para ter envexa ou non?

martes, 14 de agosto de 2012

LA EDUCACION PROHIBIDA

Se tedes algo de tempo mirade esta peli e se vos gosta difundidea.


PARA TODOS OS QUE CREEMOS UNHA  EDUCACION LIBRE

luns, 13 de agosto de 2012

UNHA BICI DE ADORNO

O de gardar as bicis é un rollo.
Antes deixabanse no portal dos edificios e non pasaba nada.
Agora non solo as poden roubar se non  que non deixan os veciños.
No meu trasteiro non caben e no garaxe poñense feitas unha calamidade e  cada vez que as queremos usar hai que limpalas.
E dentro  da casa non podo nin pensalo, sobre todo as grandes pero esta idea pareceume estupenda.
A ver que vos parece...



sábado, 11 de agosto de 2012

BOLSAS PARA TODO

Esta idea para facer bolsas varias e a medida das necesidades
pareceme estupenda.
Un novo proxecto a ter pendente.
Bolsa para levar as cousas de viaxe: as pinturas, cousas de costura, gravados....


Podedes atopar todo tipo de bolsas para facer en esta páxina en pinterest

BAGS TO MAKE

venres, 10 de agosto de 2012

CARGADORES

Non sei o que lle pasará á xente pero a min amolanme un monton os cargadores: dos móviles, cámaras, libro dixital, ordenatas, ipod,... e todos son distintos e non valen uns para outros.
Ademais vou con eles dun lado para outro, buscando un momento para cargalos ou as veces un enchufe desocupado.
E as veces non recordo onde están.
Por non falar dos cables polo chan que me poñen enferma.
Son un verdadeiro desastre con todo iso.
Estas ideas tan sinxelas pareceme estupendas


Pero esta é a mellor

xoves, 9 de agosto de 2012

RENOVADA COLCHA DE GANCHILLO

Cando eu era nena a miña avoa paterna agasalloume cunha colcha cubre pés (pequena) feita de ganchillo de colores.
Agora  voltan a estar de moda.


Claro que estas están feitas a propósito e teñen uns colores ideais.
Antes facianse usando os anacos de lá sobrantes de outras cousas e os colores e as combinacións eran as que eran.

A miña é esta e estou pensando en que podo facer para modernizala un pouco.



mércores, 8 de agosto de 2012

LE DOY LA VUELTA AL MUNDO

Son fan de Jackie Rueda e da súa iniciativa le doy la vuelta al mundo.
Pero eu, aínda non me sinto segura de min mesma, nin das miñas fotos e coñecementos para editalas e intentar participar.
Pero eu, en principio, seguíns os seus consellos e saín da casa coa cámara disposta a atopar algún dos tesouros que propoñian para este mes.

Fixen o que puiden e este é o resultado