DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

martes, 31 de xullo de 2012

RATO PEREZ

Fai unhas semanas  M puxo un dente debaixo da almofada para que o rato Perez llo cambiase por un agasallo pero resulta que ao día seguinte non habia agasallo e o dente cambiara de posición e atopouno xunto aos pes....
Rapidamente atopou unha xustificación a tal despiste por parte do rato.... como o dente se moveu de debaixo da almofada non o puido atopar de modo que para o próximo dente que caia deberiamos inventar "algo" e que ese suceso non se repetira.
Ademais que como a S lle falta pouco para cumprir os 6 aínda nos quedan por vir moitas visitas do Sr. Pérez.

luns, 30 de xullo de 2012

POR QUE FAGO ISTO


 
Entre o meu repaso diario de blogs que me gustan atopei varios post  nos  que, as súas autoras, fan referencia aos motivos polos que cada unha delas ten o seu blog.
E eu tamén me puxen a pesar porque fago o meu.
Normalmente comezaron, en moitos deles, porque venden algo.
 Eu non vendo nada nin teño interese ningún en complicarme a vida con nada semellante,
aínda que conseguira facer algunha cousa tan ben como para poder vendela.
Non teño interese ningún en ter publicidade nin nada parecido.
Teño claro que o fago para min e solo para min.
Sin embargo elégrome de que suba algo o número de visitas e supoño que no momento en  que alguén se decideu a facer un comentario hasta me puxen nerviosa, ou cando apareza algún  seguidor/a levarei unha gran ledicia.
Por que esa necesidade de mostrar certas intimidades?
Esta especie de anonimato ten un poder especial.
Tampouco teño claro os límites do mesmo: non sei si o que quero e dar datos persoais, ou poñer fotos de nos ou non.
Supoño que a medida que o blog vaia evolucionando podo ir decidindo como quero enfocalo.
De mometo fasciname esta posibilidade de ensinar e dicir o que realmente me pete.
Creo que son mais feliz dende que sigo os meus blogs favoritos e dende que eu fago o meu.
Pode que sexa unha copiona pero cando  vin  o que outras facian
pensei en que eu, tamén queria facer algo semellante, e por que non?
Paso uns ratos estupendos e iso vale moito.
Algunha veces leo posts neses blogs cos que me sinto tan identificada, que creo que si me puxese a explicar o mesmo non cambiaria nin unha coma.
    Todos son diferentes, como cada unha das súas autoras e as súas circunstancias vitais.
    E todas elas teñen algo especial.
     
     
AS MIÑAS RAZÓNS PARA FACER O BLOG
  1. Sérveme para ter organizados os meus blogs favoritos, e así poder votarlles unha ollada ao que me gusta e me interesa.
  2. Sei cando un de eses blogs favoritos ten un post novo, e así estou ao tanto das novedades.
  3. Para min é como ter unha revista personalizada,na que podo escoller ver solo o que de verdade me gosta, é como ter un índice das cousas que me interesan.
  4. Síntome menos soa dende que o fago.
  5. Mántenme un pouco actualizada coas novas tecnoloxias. Xa sabes ou te moves ou caducas. Cada dia aprendo algo.
  6. Cubro a necesidade diario no que solo me lamentaba. aquí ao contrario mostro o que me gosta.
  7. ..
  8. ...
  9. ...  seguro que se me van ocurrindo moitas mais

martes, 10 de xullo de 2012

PECHADO POR VACACIONS


Mañá saímos de vacacións uns días.
Imos visitar a cornisa cantábrica.
Coma sempre cos nenos e de camping.

Espero desconectar do traballo, as rutinas da casa e disfrutar do marido e dos fillos e como non da paisaxe.
Espero que teñamos un tempo aceptable, que para auga xa nos chegou o ano pasado.

Pero non pensedes que a desconexión vai a ser total porque levo deberes:

*inspirarme moito
*descansar
*sacar fotos do reto de xullo de LE DOY LA VUELTA AL MUNDO.

Entre outras cousas como pasear, ver cousas novas, comer ben.....

De tódolos xeitos espero que haxa wifi no camping, para non perder os bos hábitos...

Voltarei mais o menos o día da PATRIA!

SARGADELOS


Vou a facer un pouco de patria.
Que conste que non me subenciona en absoluto.

Pero teño que dicir que me gostan as cousas que fan, e que forman parte da miña vida e dos meus recordos dende a mais tenra infancia.



E como non podia ser de outro xeito na casa temos moitas cousas de Sargadelos.
A louza  é fantástica, hai fontes que van ao forno e  directamente á mesa e todo vai ao lavalouzas sen nengún problema.



A fabrica está no Concello de Cervo, na mariña de Lugo e está nun entorno maravilloso


Podedes ver os seus diseños aquí.

luns, 9 de xullo de 2012

MENU SEMANAL

Durante o curso os nenos comen no comedor do cole de luns a venres.
As fines de semana suelo facerlles comidas que mais lles gosten.
Pero agora que van a comer na casa dous meses e medio a diario
temos que organizar os menus con mais sentidiño.
Esta idea pareceume estupenda.

domingo, 8 de xullo de 2012

PAXARIÑOS

Esta idea para intentar atraer algún paxariño ao noso balcón e que os vexan os nenos de cerca é unha idea estupenda que creo vou a levar a cabo estas vacacións.

sábado, 7 de xullo de 2012

CAIXA SORPRESA

Unha actividade que sempre me gustou facer cos nenos e a de palpar as cousas cos ollos pechados e decubrir o que é.
Incluso despois poden intentar debuxalo identificando a forma solo polo tacto, a textura,
 ...
pero sen velo.  
Os nenos adquiren a maioria da información a través da vista e sorprendense moito con actividades nas que se  potencian os outros sentidos.
Se ademais se lles propón a actividade cunha caixa como esta moito mellor.

venres, 6 de xullo de 2012

SUPER CHAQUETA

Non sei si serei capaz de facer unha chaqueta como esta pero si atopo un tecido de punto dun color que me guste vouno a intentar.

xoves, 5 de xullo de 2012

MANDIL

Por si non sabemos o que facer con unha camisa vella ou pasada de moda...

mércores, 4 de xullo de 2012

EDREDÓN



 
Cada vez que vexo un edredón de pachwork recordo o que eu fixen cando deixer de fumar e precisaba de traballo manual para manterme entretida e evitar a ansiedade por falta de nicotina, alquitrán e demais venenos.

Estou moi orgullosa del aínda que non sexa gran cousa.
Aqui o tedes

martes, 3 de xullo de 2012

EU FALAREI

Onte mirando o correo vin esta maravilla.
Emocionoume.
Querodar algo de publicidade a esta iniciativa e a este traballo tan ven feito no que curraron tanto os alumnos/as e profesores/as do IES de Chapela.
PARABENS PARA TODOS E TODAS!!


                                                               EDNL IES CHAPELA

luns, 2 de xullo de 2012

CALCAMONIAS NAS MANS

Agora chamanlles tatús pero cando eu era nena eran calcamoniasdetodalavida.
Este invento pareceme estupendo.
cando eu era neno faciamos algo parecido pero pintarraxeando as mans
con rotuladores ou boligrafos.

Podedes velos aqui
E ademais das calcamonias hai moitas outras cousas que me gustaron un montón.

domingo, 1 de xullo de 2012

VINTAGE THINGS IN MY HOUSE

Na casa temos algúns obxetos aos que lles temos moito aprecio, polo que son, como son e o que significan para nos.

Cada un deles teñen a súa propia hiatoria que forma parte das nosas vidas.
Estas son algunhas delas