A miña vida nunca se contabilizou por anos. Sempre o fixen por cursos.
Co comezo dun novo curso escolar empezo sempre unha nova etapa, novos retos, novos obxectivos.
Este ano , este curso, estou moito mais asentada no traballo, no meu ámbito laboral .SIn embargo tiñamos cambios encanto a M, e á súa nova situación esccolar, que está levando divinamente, por certo.
Pero non collin o ritmo hasta que chegou o outono, e chegou este ano, tarde e de repente. Xa nos chegou o frio, o vento, achoiva e olor a castañas. E estamos desexando ver o outono de verdade o outono do Caurel.
Cada vez me gosta mais o outono, o inverno, a monotonia da casa, as rutinas semanais.
Cada vez estou mais contenta na miña casa, cos meus nenos e o meu home. Cada vez teño menos necesidade de sair, de ver xente ou escaparates, de estar na rúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario