A EDUCACIÓN
A educación é parte fundamental da miña vida, dende que de nena xogaba a ser mestra. E fun mestra, e outras cousas, en distintos ámbitos e niveis, en diferentes épocas ou momentos. Vivin da educación e para a educación.
Pero a faceta mais rica da mesma, con moita diferente, é a maternidade.
Creo que a pesar de toda a formación académica, de toda a experiencia laboral, non tiven unha verdadeira idea do verdadeiro significado da esencia da educación, hasta que tiven ós meus fillos, tan iguais e tan diferentes que medran e aprenden cada un ó seu xeito, da esencia, pero tamén da variedade e diversidade da mesma.
A familiar é o pilar de todo.... a institucional tamén e ultimamente a mezcla das dúas.
Tendo unha experiencia laboral de mais de 20 anos, sempre defendín a institución como unha forma, quizais a única de unificar unha sociedade, un pobo.... para un futuro mellor.
Pero é agora cando vexo o inútil da excesiva unificación de todo. M necesita algo diferente porque el é diferente e o sistema educativo non acaba de darlle o que precisa.
Síntome obrigada como nai, como familia de darlle o que lle falta, de intentar suplir esas carencias. Será así a forma de sair adiante.
Fixome por eso moito mais en intervencións educativas alternativas. Non estou de acordo con extremos pero creo que de todo se pode sacar algo, que da diversidade se enriquece a vida.
E cada vez valoro mais a necesidade de vivir despacio.... aínda que tal e como vivimos, é dificil hasta intentalo.
Procuro facer moitas cousas á presa para poder facer outras despacio, sobre todo os momentos que paso cos nenos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario