DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 13 de novembro de 2011

NACEMENTO


NACEMENTO

Levo moito tempo con gañas de facer este blog.

Sempre tiven necesidade de escribir a miña vida.

Aínda que sempre tiven reparo por que alguén o leese.

Agora estou decidida. Agora empezo.



ENTRE O SOTO E O FAIADO

A miña casa sempre foi moi importante na miña vida, todas as casas que tiven por moi provisionais que foran sempre significaron para min un refuxio, unha seguridade.

Ademáis diso, dentro de cada casa e dentro de cada vida hai diferentes estancias, dende o soto, pasando polo corredor, o salón, o cuarto, o baño, como non a cociña hasta chegar ó faiado.

O soto e o faiado son as duas estancias mais alonxadas, e aínda  que tamén se usen normalmente faise a vida polo medio. E creo que así debe de ser, por que a virtude das cousas está xusto no termino medio.

Por esas tres cousas , e algunas outras, decidin este nome para o meu diarioblog.



Non sei cando escribirei, nin o que, pero de vez en cando, cando sinta a necesidade ou vexa algo que me sorprenda, me emocione, me indigne….  entón escribirei.

Se alguén lee algo de todo esto, por casualidade, espero que disfrute.

Ningún comentario:

Publicar un comentario