DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 13 de novembro de 2011

O HORARIO

O HORARIO

E algo que me trae de cabeza. Ter todo programado e organizado é para min indispensable. Necesito, como á auga para vivir, ter unha axenda co meu horio establecido: diario, semanal, mensual, da parte laboral, das actividades a facer, das obrigas, das comidas, dos recados .... de todo absolutamente.

Hai certos momentos do día que teño organizando minuto a minuto, non todos ¡¡¡ menos mal !!!

Pareceme que de ese xeito podo chegar a aforrar algo de tempo, e andar polo menos sen presas cando estou cos nenos.


Non suelo queixarme por queixarme, incluso me molesta que o fagan os demais, pero hai algo do que sempre me queixo e é de non ter tempo.

¡¡¡NON TEÑO TEMPO !!!!

Non teño tempo de mirarme o espello,nin de cuidarme,poñendo cremas ou facendo a manicura....

Non teño tempo de ordenar,. limpar e cuidar a casa comoa min me gostaria....

Non teño tempo de facer as manualidades, cousas de costura e actividades criativas que me gostan....

Non teño tempo de charlar e pasar tempo con amigas, porque as estou perdendo....

Non teño tempo de ocio propio.....

Non teño tempo nin de estar un pouco soa.

Estou tan ocupada con todas as cousas importantes da vida que me fai perder tempo laboral, porque en algún momento do dia necesito pensar, meditar, organizar a vidad para que funcione... e necesito estar tranquila para todo iso.

As veces, son sincera tamén me queixo, ainda que en silencio, ...dos cartos....

¡ si  eu fose rica....!!!

A EDUCACIÓN

A EDUCACIÓN
A educación é parte fundamental da miña vida, dende que de nena xogaba a ser mestra. E fun mestra, e outras cousas, en distintos ámbitos e niveis, en diferentes épocas ou momentos. Vivin da educación e para a educación.

Pero a faceta mais rica da mesma, con moita diferente, é a maternidade. 

Creo que a pesar de toda a formación académica, de toda a experiencia laboral, non tiven  unha verdadeira  idea  do verdadeiro significado da esencia da educación, hasta que tiven ós meus fillos, tan iguais e tan diferentes que medran e aprenden cada un ó seu xeito, da esencia, pero tamén da variedade e diversidade da mesma.

A familiar é o pilar de todo.... a institucional tamén  e ultimamente a mezcla das dúas.

Tendo unha experiencia laboral de mais de 20 anos, sempre defendín a institución como unha forma, quizais a única de  unificar unha sociedade, un pobo.... para un futuro mellor.

Pero é agora cando vexo o inútil da excesiva unificación de todo. M necesita algo diferente porque el é diferente e o sistema educativo non acaba de darlle o que precisa.

Síntome obrigada como nai, como familia de darlle o que lle falta, de intentar suplir esas carencias. Será así a forma de sair adiante.

Fixome por eso moito mais en intervencións educativas alternativas. Non estou de acordo con extremos pero creo que de todo se pode sacar algo, que da diversidade se enriquece a vida.

E cada vez valoro mais a necesidade de vivir despacio.... aínda que tal e como vivimos, é dificil hasta intentalo.

Procuro facer moitas cousas á presa para poder facer outras despacio, sobre todo os momentos que paso cos nenos.







O OUTONO E O RETORNO Á RUTINA


A miña vida nunca se contabilizou por anos.  Sempre o fixen por cursos.
Co comezo dun novo curso escolar empezo sempre unha nova etapa, novos retos, novos obxectivos.

Este ano , este curso, estou moito mais asentada no traballo, no meu ámbito laboral .SIn embargo  tiñamos cambios encanto a M, e á súa nova situación esccolar, que está levando divinamente, por certo.

Pero non collin o ritmo hasta que chegou o outono, e chegou este ano, tarde e de repente.  Xa nos chegou o frio, o vento, achoiva e olor a castañas. E estamos desexando ver o outono de verdade o outono do Caurel.

Cada vez me gosta mais o outono, o inverno, a monotonia da casa, as rutinas semanais.

Cada vez estou mais contenta na miña casa, cos meus nenos e o meu home. Cada vez teño menos necesidade de sair, de ver xente ou escaparates, de estar na rúa.










NACEMENTO


NACEMENTO

Levo moito tempo con gañas de facer este blog.

Sempre tiven necesidade de escribir a miña vida.

Aínda que sempre tiven reparo por que alguén o leese.

Agora estou decidida. Agora empezo.



ENTRE O SOTO E O FAIADO

A miña casa sempre foi moi importante na miña vida, todas as casas que tiven por moi provisionais que foran sempre significaron para min un refuxio, unha seguridade.

Ademáis diso, dentro de cada casa e dentro de cada vida hai diferentes estancias, dende o soto, pasando polo corredor, o salón, o cuarto, o baño, como non a cociña hasta chegar ó faiado.

O soto e o faiado son as duas estancias mais alonxadas, e aínda  que tamén se usen normalmente faise a vida polo medio. E creo que así debe de ser, por que a virtude das cousas está xusto no termino medio.

Por esas tres cousas , e algunas outras, decidin este nome para o meu diarioblog.



Non sei cando escribirei, nin o que, pero de vez en cando, cando sinta a necesidade ou vexa algo que me sorprenda, me emocione, me indigne….  entón escribirei.

Se alguén lee algo de todo esto, por casualidade, espero que disfrute.