DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 24 de xuño de 2012

XOGUETES

Os meus fillos, como case que todos hoxe en dia teñen xoguetes para dar e tomar.
Hay xoguetes por todas partes da casa.
Pero moitas veces o único que fan é cambialos de sitio
e en realidade non xogan con eles.
Sin embargo sempre hai algún xoguete, que independiente de ser novos ou vello,
caros ou baratos sempre están no medio.
Levámolos de viaxe, a casa dos avós, van e veñen no coche camiño da escola...
Estes son algúns dos que teñen mais éxito

 
Pero me guste a min ou non, o  rei de todos sen nengún tipo de dúbida é este
















sábado, 23 de xuño de 2012

RINCON DA CASA 4

Estes grabados fixenos antes de que naceran os nenos, estando embarazada do maior.
De algún xeito xa estaba eu conectada co mundo infantil.



xoves, 21 de xuño de 2012

LETRAS DECORADAS

No cuarto da nena teño unhas letras decoradas


Gustoume a combinación e sobre todo o color roxo, escapando dos pasteis que me parecian moi empalagosos e demasiado usados para as nenas.
Coordina con outros elementos do cuarto, como a butaca


As letras merqueinas brancas e decoreinas eu, cos retais sobrantes dos estores e o cubre canapé, que xa vos mostrarei en outra ocasión.

Podedes mercar as letras AQUÍ

Pero tamén podedes imprimilas e montalas vos gracias a unhas plantillas gratuitas que podedes conseguir AQUÍ.

                                               No blog mami te ayudo? teñen outra gran idea.



Outra imaxen inspiradora



mércores, 20 de xuño de 2012

LOOK

Os looks que me gostan son sempre similares por que sempre penso no que de verdade poño, e nas prendas das que dispoño e que con algún pequeno complemento poda quedar resultón.
pero sobre todo moi práctico e que me resulte cómodo tanto para ir a traballar, como facer compra, ir ao parque cos nenos ou tmar unha caña nunha terraza.



martes, 19 de xuño de 2012

IDEAS, IDEAS.... E FALTA DE TEMPO

Estou desexando ter vacacións.
Pero non pensedes que para non facer nada.
Todo o contrario.
Estou desexando estar de vacacións para ter tempo de facer todas as manualidades, actividades de costura, de fotografia, organizar os centos de fotos que teño por ahí, e varias ducias mais de cousas que teño pendentes e pensdas.
Para organizar a viaxe cos nenos e facer un caderno de viaxe con eles.
Para facer un montón de recetas novas...
En fin para facer todo o que a rutina diaria e a falta de tempo non me permite.

Bueno, e sendo sincera, tamén para non facer nada ....



luns, 18 de xuño de 2012

PRIMEIRAS INSPIRACIÓNS

De repente un día descubrín unhas cousas
que pouco a pouco me levaron a outras
e así me fun entusiasmando por
por todo este mundo bloger.

Estas son algunhas das primeiras inspiracións



sábado, 16 de xuño de 2012

AGASALLOS PARA OS E AS PROFES

Por fin teño na casa os agasallos que merquei para os profes dos nenos.
Menos mal que chegaron antes de rematar as clases.
Espero que lles gusten por que a min encantarónme, pareceronme do mais orixinal.



Todo mercado AQUÍ

Solo me falta empaquetalas de forma bonita.
Xa vos enseñarei como me quedan.
Xa lles sacarei unha foto antes de que as leven os nenos para o cole.








venres, 15 de xuño de 2012

BLOG DE MAMA

Acabo de descubrir un blog "de irreverente maternidade" co que me acabo de rir un montón.
Canta razón ten en todo o que di!
Creo que acaba de gañar unha seguidora.
Se queredes seguila este é o enlace ao seu blog


Non podedes perdervos as tipoloxias que fai de  mamás, papás, sogras,...
son xeniais!

xoves, 14 de xuño de 2012

RINCÓN DA CASA 3

Aquí está outro rincón da miña casa.
Esta vez un detalle do baño.




mércores, 13 de xuño de 2012

BLOGS DE MAMÁS

Cando acabas de ter un bebé, ou dous.., e estas en esa etapa parece que non hai vida mais alá dos mocos, os pañais, as papas,....
Pero os cachorros medran e pasas a preocuparte dos deberes, as actividades extraescolares,
frenarlles o consumismo, limitarlles os tempo de xogo tecnolóxico,....
Todas as etapas teñen cousas boas e hai que disfrutalas.
Compartir todas esas experiencias a través dos blogs é algo fantástico.
No seguinte enlace podedes descubrir un ranking deles dos que podes disfrutar.
Todos son diferentes, igual de diferentes que as mamás que os fan.
Como a vida mesma.

martes, 12 de xuño de 2012

ALL FOR CAKES

Os que somos de provincias temos certa envexa das cidades grandes posto que nelas hai tendas especiales e moi especializadas que nos non temos.
Agora en Pontevedra temos unha tenda na que hai todo o que poden imaxinar
 para as fans da reposteria.
Non so podemos  mercar os moldes, e utensilios variados, os adornos, senon que tamén preparan os doces por encarga para calquera tipo de evento.
Proximamente terán tenda online e o mellor de todo é que van a organizar talleres tanto para adultos como para nenos de cupcakes e decoración de galletas.
Os meus fillos xa están desexando facelos, e eu tamén para perfeccionar a miña técnica
 que voa falta me fai.


                                                     http://allforcakes.blogspot.com.es/

O local é precioso e a dona encantadora,
incluso me agasallaron con un mandil coa primeira compra.



Non deixedes de visitar a tenda fisica , si podedes, e si non, a súa páxina web.




luns, 11 de xuño de 2012

MI GREMLIN NO ME COME

Xa falei outras veces de algún que outro blogs de mamás cos que me rio un montón.
Este é un deles e chamase

Acaba de facerme pasar uns momentos estupendos cos seus consellos
de como ser unha TRENDY MAMÁ.
Xa vai pola V entrega de este mini curso e cada una é mellor que a anterior.
Non o perdades porque non ten desperdicio.



domingo, 10 de xuño de 2012

MODA

Reorganizando o armario e sacando as cousas do verán vin un par de pantalóns brancos aos que teño que sacarlles partido.
Aqui vai unha idea

sábado, 9 de xuño de 2012

FAROS

Son dun pobo con faro.
Pode ser por iso que sempre me fascinaron as increibles imaxes con faros.




venres, 8 de xuño de 2012

MERENDA ESPECIAL

Estes queixos teñen moito éxito na casa en condicións normais.
Ao abrilos xa contamos cun nariz de paiaso.
Pero istas ideas son aínda mellor.



Se queredes descubrir novas ideas para as comidas dos nenos e nenas clicade AQUI

xoves, 7 de xuño de 2012

MODA

Esta chaqueta de ZARA, leva xa unhas semanas no meu armario.
Espero poñela moito.
Polo momento xa a estreei.
Claro que eu púxena con uns vaqueros, que a percha é bastante distinta.



mércores, 6 de xuño de 2012

CABANA DE PRAIA

Non fai moito pasamos unha estupenda e relaxante fin de semana nunha cabana de madeira na praia.
Todo foi fantastico pero eu como estaba moi inspirada
pensei en como seria a miña cabana de madeira ideal.
E como a miña inspiración ultimamente é branca
decidín que tiña que ser de estilo nórdico e branca.
Busquei imaxes varias e atopei estas tan inspiradoras.
De momento todo o que podo é soñar.
Espero que vos goste.


 E sen esquecer algúns detalles


martes, 5 de xuño de 2012

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Un día coma hoxe quero recomendar un libro que me parece interesante para familias como a miña.
Vivimos nun piso, e aínda que estamos na ría e ollamos un anaquiño de mar estamos rodeados de cemento  por todas partes.
E os nenos estanse criando aquí.
Estou convencinda de que os meus fillos padecen "déficit de natureza".
Intentamos compensalo con viaxes en camping, visitas a espazos naturais e parque pero necesitamos un impulso que nos guie e este libro e estupendo para darnos ideas de actividdes para facer cos nenos na natureza.


É de editorial GRAO

LUA, LUEIRA

De blog en blog e tiro por que me toca
atopei estas imaxes que me pareceron fantásticas.



luns, 4 de xuño de 2012

¡¡¡¡ ANIMO !!!!





” Si no se intenta, si los sueños se quedan en sueñ
os, nunca vamos a conocer la persona que somos. Al final comprendemos que el sueño no son los récords, sino los caminos para llegar a cada cima, y el fracaso no es no coronar una montaña o parar el crono unos minutos más tarde, sino no ser capaces de tomar este camino.”
(Kilian)

Palabras de alento, que che fan seguir a pesar de momentos dificiles, que aínda que as veces algo sexa negro, en canto secas as bágoas, voltas a ver os demais colores.

sábado, 2 de xuño de 2012

7 FALARES

Todos e todas, nenos e nenas, pícaros e grandes
disfrutamos algunha vez , ou moitas veces, escoitando unha boa historia
contada por alguén que sabe facelo.
Contar contos non so é unha actividade para facer en familia, e unha actividade que podedes facer sos, en parelle, en grupo....., pero tamén en familia.

Nenos e  adultos podemos gozar coma nunca escoitando a verdadeiros contadores de contos.
En Pontevedra, xurdiu unha iniciativa maravillosa que grazas a   "Pavís, Pavós" (que ademais de facer todo moi ben, son amigos meus).
Todo coa intención de que podamos divertirnos todos e todas
por que o programa que nos presentan,
 neste encontro internacional de contadores de contos
é expectacular, variado, entretido.....
Será a próxima fin de semana.
Se queredes mais información clicade aqui, na súa conta de  facebook, onde ademáis podedes consultar o programa de actividades.

¡ NON O PODEDES PERDER!

FLORES

Este centro de flores pareceme chulisimo

venres, 1 de xuño de 2012

PARA O MOVIL

Case sempre cando penso en facer manualidades penso nos nenos
Esta idea pareceme xenial
e ademais é para adultos, ou para que os nenos fagan e agasallen a un adulto.