DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

xoves, 10 de maio de 2012

PERMISOS E DISCULPAS

Dende que escribo o blog hai algo que me preocupa.
Todas as fotos que vou publicando no blog son na súa maioria collidas de outros blogs  que vou descubrindo, imaxes que atopo e que me gostan, ideas que me parecen fantásticas.
Góstamne e quero ensinalas.
Pero son moi consciente de que todas elas teñen "dono" e que non sempre respeto eses dereitos de autor.
Queria dicir aquí, como disculpa, que intentarei ir mellorando, pero que non sei como facelo en algún caso, eses pes de foto explicando a procedencia... Espero ir mellorando os meus coñecementos sobre recursos para blogers.
Mentras tanto se alguén se sinte ofendido porque utilizo algunha das súas imaxes, por favor disculpade, avisademe e retiroa de inmediato si é o que vos parece mais axeitado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario