DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

xoves, 31 de maio de 2012

NOVO PARADIGMA DA EDUCACIÓN

PARA REFLEXIONAR UN POUCO:
de onde vimos, onde estamos e a onde queremos chegar....



   Eu teño fillos e hai cousas que me preocupan.
Para que se supón que debemos preparar ás novas xeracións?
Se queres saber algo mais do autor, Ken Robinson, clica aquí. na súa páxina web.
Tamén podedes ver unha entrevista que Eduardo Punset lle fixo no programa redes.

mércores, 30 de maio de 2012

XARDÍN VERTICAL

Hai moitas grandes ideas para facer cousas reutilizando palés.
Esta está que se sale.
Ademais agora que chega o bo tempo apetece un montón disfrutar de algo "verde",
aínda que sexa no balcón da casa.

martes, 29 de maio de 2012

RECORDOS DOS NENOS

O meu fillo maior acaba de cumprir 8 anos!!!
Parece inccreible o rápido que medran.
Constatamos a altura nunha parede da salita
 pero esta idea para determinar o tamaño de pes e mans e como van medrando
 pareceme moi ben.



luns, 28 de maio de 2012

DIA INTERNACIONAL DO XOGO

                                                             
                           DIA INTERNACIONAL DO XOGO

Hoxe celebrase o dia internacional do xogo e  como a nos o xogo gostanos moito, e como aprender xogando é o que mais nos gosta queremos compartir con todos  vos este manifesto a favor do xogo.
Clicade no enlace anterior e aderidevos a este manifesto.

PORQUE XOGAR É UN DEREITO DE TODOS E TODAS

MANIFESTO

MANIFESTO
Sen mais palabras



domingo, 27 de maio de 2012

MODA

Este tempo está revolto e moitas veces non sabes nin o que vas a poñer.
Este look é ideal para os tempos que temos.

sábado, 26 de maio de 2012

BE HAPPY

Despois da tormenta ven a calma.
A  resilencia do ser humán non deixa de sorprenderme.
Hai que ser positivo.
Merece a pena aprender a selo e esforzarse por selo.

venres, 25 de maio de 2012

XOGUETES DE PRAIA

Ademais das palas e  caldeiros mais tradicionais, este ano descubrimos estes moldeadores de area que nos gostan moito.



.
Se queredes mercalo podedes facelo aqui.



Non é tan fácil como parece no video pero é moi interesante
Para poder ver como se utiliza miradeo en este video.

xoves, 24 de maio de 2012

PARÉNTESIS

Son uns dias cheos de tritura e desacougo.
Necesito un paréntesis para organizar a vida e a cabeza.


Voltamos pronto

martes, 22 de maio de 2012

UNHA DE PRANTAS

Sempre me gostaron os cactus.

Esta combinación pareceme moi bonita



luns, 21 de maio de 2012

DECORAR EN BLANCO

Cando nos viñemos a vivir a esta casa persei en pintar as paredes de colores.
Agora alegrome de non telo feito porque estou inspirada co branco.
Cando teña posibilidades non so pintarei de braco as paredes
se non todo, as portas, os marcos das ventás, os rodapés, os armarios,
 incluso as estanterias...

¡¡¡¡   TODO BRANCO   !!!!




mércores, 16 de maio de 2012

PAUSE



Imos pasar 4 días a un paraiso natural.
Está moi preto da casa.
Gústanos tanto que imos e voltamos.
¡HASTA O LUNS!

TUTORIAL DE FOTOGRAFIA

Xa presentei no blog algunhas fotos miñas,
das miñas producións propias ou de rincóns da miña casa
 e teñen moi mala calidade.
Teño a firme intención de mellorar a miña formación sobre fotografia
 e acabo de descubrir un blog que me acaba de fascinar.
Non so ten video titoriais de fotografia se non tamén de carvado de selos.
¡FASCINANTE!

Se queres descubrir este tesouro clica

martes, 15 de maio de 2012

LOOK DA SEMANA


Esta semana presento outro look que me gustou,

como todos, cómodo, práctico e fácil de conseguer e de adaptar as cousas

que temos no noso armario




luns, 14 de maio de 2012

MUNDO BLOGER

¿Por que me gosta tanto o mundo dos blogers?

Non poderia dicir  unha soa razón. Quizais por que estou algo soa e mirar blogs de outras persoas ou facer o meu propio sustitue conversas con amigas. É como si estivese olleando una revista con unha amiga e comentaramos as fotos, as ideas...
De uns blogs aprendo, de outros copio, en outros inspirome, e en outros riome, pasoo ben con calquera deles e axundanme a ser mellor e mais feliz.
E como ter sempre alguén ó lado que sempre disfruta coas mesmas cousas ca min.
Unha amiga , ou moitas, as que lle gosta o "marujeo", a costura, as manualidades, a moda,  a casa, a cociña,... igual, igual ca min.
E iso é unha gozada.
Incluso cando vexo algo en varios blogs diferentes nun espacio curto de tempo penso: esto é como cando unha amiga che di "sabias..." e ti dis "si, si.. xa me enterei...."
¡¡¡ Fantástico  !!!
Por outro lado está esa sensación de doble vida.
Por un lado está a vidad real, o traballo, a casa, o marido, os nenos... e por outro este mundo virtual, tan cercano e tan extraño ó mesmo tempo.

domingo, 13 de maio de 2012

sábado, 12 de maio de 2012

TRABALLOS NENOS

Nesta foto aparece un bo sistema para expoñer os debuxos e traballos dos nenos, que tanta ilusión lles fai que os coloquemos nas paredes


E parecese ó sistema que teño no cuarto de S.
Este é o meu


venres, 11 de maio de 2012

BLOGERS E MODA

Supoño que o éxito dos blogs de moda e que os fan mulleres de verdade e non prepuberes de talla ínfima que solo podes atopar moi de vez en cando á saída dalgún instituto.
Son mulleres de verdade, con moito estilo, eso sí, a maioria delas, cousa que tampouco é fácil.
E ademais de todas as tallas, cousa que me encanta, dado a miña.
Sempre estou coa esperanzade decidirme a facer réximen e voltar a estar delgada pero mentras iso non pasa hai que verse guapa igual e hai que cuidarse un pouco
e moitas de eses blogs, dan ideas e axudan a que as vulgares mortais nos sintamos un pouco mellor con nos mesmas.

Queria enlazarvos a algúns deles que vexo con frecuencia

                                                                 vistetequevienencurvas


 

xoves, 10 de maio de 2012

PERMISOS E DISCULPAS

Dende que escribo o blog hai algo que me preocupa.
Todas as fotos que vou publicando no blog son na súa maioria collidas de outros blogs  que vou descubrindo, imaxes que atopo e que me gostan, ideas que me parecen fantásticas.
Góstamne e quero ensinalas.
Pero son moi consciente de que todas elas teñen "dono" e que non sempre respeto eses dereitos de autor.
Queria dicir aquí, como disculpa, que intentarei ir mellorando, pero que non sei como facelo en algún caso, eses pes de foto explicando a procedencia... Espero ir mellorando os meus coñecementos sobre recursos para blogers.
Mentras tanto se alguén se sinte ofendido porque utilizo algunha das súas imaxes, por favor disculpade, avisademe e retiroa de inmediato si é o que vos parece mais axeitado.

mércores, 9 de maio de 2012

AS ESTACIÓNS

PRIMAVERA - VERÁN - OUTONO - INVERNO

Con estes cadros expositores de IKEA mostramos os nosos tesouros e cousiñas
de cada estación do ano.
De momento teño verán e outono.
Continuaremos as que faltan en canto podamos.

O OUTONO


 O  VERÁN


Solo me falta decidir onde os poño, e sobre todo que outros saco.

martes, 8 de maio de 2012

PATACAS RECHEAS

Xa é a segunda vez que fago esta receta de BABALLA e o seu CLUB DEL TUPPER, a primeira saiume ben pero a segunda mellor.

¡ Mirade que pinta !


Se queredes a receta mirade AQUI

luns, 7 de maio de 2012

CREACIÓN PROPIA

¡POR FIN!
Esta fin de semana, por fin, me puxen mans á costura e fixen as camisatas para
S que levaba tempo planexando.
Estou contenta cos resultados.
Aqui os tedes


A calidade das fotos deixa moito que desexar pero esa é outro tema a mellorar.
Pero as camisetas quedaron moi ben.
A de Super S tivo éxito inmediato.
¡ Pouco a pouco!


domingo, 6 de maio de 2012

DIA DA NAI

Hoxe é o día da nai.
Quero mostrar un video moi bo para celebralo.
Un recoñecemento enternecedor dos sacrificios que facemos as nais polos nosos fillos e das recompensaa que temos de velos medrar e acadar éxitos.



Tamén do duro que é ser nai en condicións de miseria.
No blog de  charadas  tendes un artigo conmovedor.


Acabo de ler un post, co que me sinto tan identificada que si o intentase escribir eu non me sairia mais igual, salvando a diferencia en canto a competencia lingüistica, que é mellor que a miña, evidentemente. Quedavos ahí por si queredes sorir un pouco no dia da nai, sentirte identificada e compartir os mesmos propositos


                                                                       mividaconhijos

sábado, 5 de maio de 2012

XOGO PARA NENOS

Esta  actividade para facer cos nenos pareceme moi interesante.
SIMETRIAS, RELACIONS ESPACIAIS, CREATIVIDADE...






venres, 4 de maio de 2012

ESTAMPAR

Hai moitos sellos para estampar no mercado.
Eu teño uns cantos e moitos deles están estupendos.
Pero poder facelos sobre temas que che interesan especialmente
pareceme moi interesante.
Mirade que mostra, de selos e do resultado de estampar con eles.

Estas actividades son como un sucedaneo do grabado, e boto de menos aqueles tempos nos que tiña tempo e dispoñia do tórculo.




xoves, 3 de maio de 2012

HOXE VAI DE CHISTE

As veces as mamás pensamos que somos imprescindibles.

Algunhas cousas como esta fan que de verdade pensemos que é certo


mércores, 2 de maio de 2012

LIBRETAS

Outra das miñas debilidades son as libretas.
Teño un montón delas, cada vez que vexo unha que me gosta
non podo aguantar a tentación de mercala.

Estas encuadernadas tanto en papel como en tela son preciosas.





martes, 1 de maio de 2012

LUTHIERS

Podemos xogar cos nenos a ser luthiers, fabricantes de instrumentos.
Estas ideas son estupendas para formar a nosa propia orquestra.