DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 4 de abril de 2016

PROXIMO TRABALLO



O próximo proxecto de costura que teño é facer unha manta para sofá con anacos de punto reciclados de xerseis vellos. Estiven xuntando e xuntando, hasta que me decidín a valeirar o estante do armario, corteinos en anacos, e busquei  un patrón para combinalos.

So me falta unilos.



mércores, 30 de marzo de 2016

QUE FACER CUNHA COPA ROTA?

Fai uns dias rompeune unha copa polo pé.
Deume pena tirala e busquei inspiración.

Que podo facer con ela?

.


Esta idea atopeina aquí.

luns, 28 de marzo de 2016

EU SON DE MAR!

Son de porto de mar
Son do Porto
Do Porto de San Ciprian
Península de San Ciprian.





sábado, 26 de marzo de 2016

CASAS QUE INSPIRAN...

Hai casas que inspiran tranquilidad, calma, paz....
Pode que non sexan as máis bonitas, nen luxosas, pero fan idea de fogar.






xoves, 24 de marzo de 2016

MAMI SWEET

Maria, a miña compañeira de traballo ten un blogue.
Un blogue de moda que acaba de comezar con moito éxito.
Fai pouco que se meteu nesta aventura e medra en cantidade e calidade.
Visitadeo e podedes comprobalo.




Noraboa  Maria e moita sorte!

mércores, 23 de marzo de 2016

luns, 21 de marzo de 2016

QUE GAÑAS DE PRIMAVERA!!!

21 de Marzo

PRIMAVERAAAA!!!

Levamos unha temporada con tanta auga que sae un raio de sol de ademais da "fotosíntesis" comezamos a ter gañas de primavera.
De vestirnos de colores e poder saír cunha americana, e si é amarela mellor.





domingo, 20 de marzo de 2016

TARTA DE ANIVERSARIO

Si tendes pronto un aniversario, celebradeo cunha torta de biscoito como esta.
Cumpras os que cumpras aquí tes a tua.




sábado, 19 de marzo de 2016

FROITOS ROXOS CON NATA....E CHOCOLATE

Hai veces que non fai falla copiar unha receta, cunha soa imaxe e suficiente.
Parece fácil e riquiiiisimo, ou non?

venres, 18 de marzo de 2016

PASCUA

Achegase a Pascua.
Na casa soemos agochar ovos de chocolate, e poñer pistas para que os nenos os atopen.
Failles gracia, sobre todo a Sabela, pero ao final ninguén come os ovos.
Así que este ano faremos algo diferente

xoves, 17 de marzo de 2016

UN SOÑO...

As veces soño cunha casa frente ao mar...
Unha casa de madeira xunto ao mar...


Ou unha con rodas para percorrer o mundo...



mércores, 16 de marzo de 2016

SIN DEBERES.

Son da liga antideberes.
Antideberes como os de agora.



Opinións hai para tódolos gustos pero esta opción gústame moito.

sábado, 12 de marzo de 2016

XOGAMOS COA NEVE 2016

Este ano nevou tanto  que non podiamos deixar pasar a oportunidade 
de pasar un dia xogando coa neve. 

Batalla de bolas 

Construíndo un iglú.

O iglú por dentro

O iglú por fora

A verdade que nos saliu un Iglú "Gótico", a que si?

mércores, 9 de marzo de 2016

FELIZ DIA DA MULLER TRABALLADORA

Cada dia o santo GOOGLE nos ofrece curiosidades na súa paxina principal cambiando o seu logo.
Moitas de estas curiosidades están moi ben nos DOODLE.
Pero a de hoxe gustoume especialmente

MIRADEO AQUÍ


BO DÍA DA MULLER TRABALLADORA!

España
Buscar en Google o escribir URL
Di "Ok Google"
Se ha producido un error y no se está escuchando.
La detección de palabras activas está desactivada.
Empezar a escuchar "Ok Google"
Di "Ok Google" para iniciar una búsqueda por voz.
Busca sin mover un dedo. Di "Ok Google" y Chrome buscará lo que digas a continuación.
Más información
Se ha eliminado una miniatura. Deshacer Restaurar todo 
Error al eliminar miniatura. Debes estar conectado a Internet.

sábado, 13 de febreiro de 2016

RECETAS EXPRES

Paso cada día uns minutos vendo as miñas redes sociais, entre elas FACEBOOK, e aínda que non son moi activa en ningunha delas disfruto moito de algunhas cousas que se comparten por ahí.
Ultimamente disfruto coas, como eu lle chamo, recetas express... eses videos a cámara rápida que mostran como se fan receitas de cociña, facilíiiisimas e que apetece poñerse a facelas XA!

Unha delas é esta.

Outra que tamén me gusta moito Tasty


E tamén hai outra portuguesa, que ademais de ter receitas, ten outros trucos para o fogar, algúns deles moi simpáticos e interesantes. O Sagaz



Espero que vos guste e que podades aprender algo.

luns, 1 de febreiro de 2016

A FIEBRE DAS HAMAS





Este ano un dos agasallos que trouxeron os Reis Magos foron as HAMAS.
Foi unha destas cousas que traen sen pedir e que resultaron ser do que máis entusiasmo conseguen.
Podedes atopar o xogo  aquí.  Pero o noso foi recollido polas suas maxestades en  Tiger, tenda da que somos fans absolutos, pero esa é outra historia.

É un xogo con infinitas posibilidades e podedes atopar en internet milleiros e milleiros de ideas. 

Traballamos a psicomotricidade fina, as relacións espaciais a percepción visual.... (apareceu a vena mestra), pero sobre todo é do máis entretido.

No meu pinterest tendes un taboleiro con ideas.



luns, 18 de xaneiro de 2016

CASA ROSALIA


Que vos parece esta imaxe?
Gústavos este rincón?

Pois e parte do meu apartamento CASA ROSALIA, e está disposto para alugar  por temporadas en varios portais por internet:



Xa vos mostrarei máis fotos, o antes, durante e  despois, porque todo o proceso de cambio e decoración  estamos a facelo nos e está a levar moito tempo e esforzo, 
Pero está quedando moi ben.


domingo, 10 de xaneiro de 2016

A ADOLESCENCIA QUE NOS ESPERA


Debería estar preparada, pero no, ... 
un adolescente comezou "a abrir portas na casa".
Este curso comezamos unha nova etapa, novo cole, novos horarios, .... 
e NOVA PERSONALIDADE?

Xa comencei a agobiarme pensando en como afrontar esta nova etapa que promete ser longa e difícil.
E comencei  por informarme lendo algún libro:

- El talento de los adolescentes, de J Antonio Marina. Que nos mostra o funcionamento cerebral nesta etapa do desenvolvemento e as grandes posibilidades que ten.



Adolescentes, manual de instrucciones, de Fernándo Alberca. Libro moi práctico e que nos da grandes e pequenos consellos. Quédome co seguinte: hai que darlles o que eles non teñen, esto é  ser pacientes cando eles son impacientes, serenos cando eles son inquedos, comprensivos cando eles son desesperantes, e ter claro que aínda así os pais e nais perfectos non existen.


Cheguei a dúas conclusións moi básicas:  a primeira é querelos máis ca nunca e facerllo saber pese aos malos momentos.  e a segunda que todo pasa e que mentras tanto é moi bo  usar o sentido do humor.

Por si hai alguén que aínda non veu o video de Carles Capdevila no evento de Barcelona de Gestionando hijos,  aquí vos deixo o enlace.


E tampouco nos debemos esquecer do pasado, do noso pasado.


PENSAMENTO CREATIVO PARA PAIS (e nais)

PENSAMENTO CREATIVO PARA PAIS (e nais)


Estou apuntada nun curso de creatividade para pais (e nais) que vai a dar  Núria Pérez (sparksandrockets), a través do portal de cursos de HELLO CREATIVIDADE
Estou emocionada e desexando empezar.


sábado, 9 de xaneiro de 2016

A PRENDA DA TEMPORADA

Comezaron as rebaixas e é bo momento para facerte cun abrigo ou chaquetona de paño, que está sendo a prenda desta temporada outono-inverno.

Hasta o de agora as temperaturas foron benignas pero comezamos o ano con temporal, choiva e frio, polo que hai que abrigarse!





ALMANAQUE 2016


Neste blogue TUTTICONFETTI podedes atopar cousas preciosas e ademais un almanaque para 2016, descargable e gratis que é unha preciosidade.

venres, 8 de xaneiro de 2016

BENVIDO 2016

Comezamos ano e como todos e todas teño novos propósitos...
Eu este ano quero "ORDENAR" as miñas cousas, a miña casa e a miña vida.
Acabo de ler o libro de MARIE KONDO  "La Mágia del orden".


Estou inspiradísima.
Non creo que  acabe desacéndome de todo o que debera e que o método Konmari aconsella, nin que remate falando coa casa ou as miñas pertenencias ... pero vaime vir moi ben para despexar armarios e para a  miña saúde mental.