DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 29 de setembro de 2013

CAMBIANDO DE ESTACIÓN...


 
Xa chegou o outono. Chove, fai frio e toca un novo cambio de armarios.
Mercar abrigos e xerseis.
O mes de setembro sempre é para min una locura.
Novos retos no traballo, e cada vez hai que enfrentarse a eles con menos recursos e máis traballo, e tamén  moita indignación.
Estes dous artigos explican moi ben o que sinto con esta situación:
 
 
 
Son dous blogues de profes de infantil, que merece a pena ter en conta. Mestras das que como moitos desexan e disfrutan con un traballo ben feito. E o consiguen contra vento e marea, a pesar de ter cada vez máis cousas en contra.
 
 
Ademais do traballo, a miña vida familiar tamén provocou estrés.
Os nenos comezaron o seu curso, con todo o que iso conleva, e non souben os horarios do conservatorio hasta a semana pasada polo que o resto de actividades estaban en pause.
Agora parece que xa todo está organizado ¡por fin!.
 
E entre todo isto o blogue abandonado.
Pasei de publicar a diario a non facelo en case dous meses.
Creo que vou a ter que atopar un termo medio.
Esta claro que teño que poner obxectivos reais.
Non sei cando voltareia publicar algo, mentras tanto BO OUTONO!
 
DISFRUTADE DO COLOR, DAS CASTAÑAS, DAS CABAZAS E DAS SETAS!
 
 
 
 
 
 


luns, 2 de setembro de 2013

NOVO CURSO !!!

Mañá comezo a traballar.
Comeza un novo curso que para min é como un novo ano.
Os nenos aínda poden disfrutar duns días máis de relax, antes de voltar á rutina.  Estarán a cargo dos avós estas mañáns hasta que o día 11 comecen o curso.
Haberá novidades para eles porque M cambia de profe,( a ver si este ano temos sorte), e S cambia de cole e pasa para o cole de Primaria, o cole dos maiores...
A que menos novidades terei serei eu que sigo no mesmo cole, facendo o mesmo traballo. De todos modos cada curso é diferente e teremonos que enfrentar cada día a algo novo.
 
Sempre que comezo teño xa preparada a miña nova axenda. Eu sen axenda (en papel...) non son ninguén, porque  teño que ter todo apuntado para sentirme segura.
Pero este ano non a teño porque levo todo o mes esperando que chegara o día  2 de setembro ás 0:00 para poder encargar a nova axenda de curso escolar feita por muymolon.
De modo que terei a sorte de disfrutar dun dos  seus estupendos, orixinais e positivos obxectos.
E esta axenda promete por dentro e por fora.
Os rapaces de Mr. Wonderfull superanse día a día.
Son alegres, positivos e rezuman ilusión por todas partes.
E como xa son as 0:00 vou a por ela aquí.