DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

venres, 28 de decembro de 2012

UN MUNDO FELIZ

O mundo blogue é moi bonito.
 
Cada vez que fago repaso aos blogues que sigo alucino.
Fotos preciosas, casas divinas, nenos guapos, ben vestidos e felices, xente creativa e positiva...
 
Por un momento esquezome do que me  costa levantárme polas mañás. Na lista de cousas por facer, do traballo, da casa, dos nenos, da compra, das merendas, da plancha, da limpeza..., da desafortunada imaxe que me devolve o espello.
 E sobre todo da falta de ánimos e recoñecemento por todo o que fago.
 
Un ratiño cada día síntome ben, rodeada de cousas bonitas.
Nada que ver cos telediarios nin cos xornais.
E un ratiño cada día  vivo nun MUNDO FELIZ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario