Cada ano por estas datas fago, como todo o mundo, unha lista de propósitos para o novo ano.
Algúns vounos conseguindo pero hai outros que se repiten ano tras ano porque nunca chego a cumprilos.
Un deles é adelgazar, facer reximen e cuidarme máis, facer exercicio,.... sen palabras!.
Outro é aforrar, e non o consigo nunca e agora coa baixada de soldo que tivemos, e a que imos ter, e sen as pagas extras.... imposible!
Outra é facer dos meus fillos nenos felices... creo que non vou por mal camiño pero é algo a comprobar a longo prazo...
Teño algunha máis que vai na mesma liña.
E por iso este ano non quero facer ningún propósito, solo quero que cada día teña forzas para erguerme pola mañá e para sobrevivir hasta que chegue a noite reventada de traballar.
Sin perder o sentido do humor e a capacidade de disfrutar a diario das pequenas cousas.
Sin perder o sentido do humor e a capacidade de disfrutar a diario das pequenas cousas.
FELIZ 2013!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario