DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 30 de abril de 2012

COXÍNS VARIADOS

Teño pendente facer algún coxín mais para a os cuartos de S. e de M.

Terán que ser en outros tonos pero estas ideas poder axudarme







domingo, 29 de abril de 2012

CADROS

Góstanme os cadros, variados e de todo tipo.
Orixinais ou caseros
Estes de "vitrina" inspiranme ultimamente.
Teño que animarme a facer algún con eses marcos de IKEA que teño gardados


A pena é que xa case non teño paredes na casa para novidades,
e sacar algún dos que hai resultame dificil por que cada un deles  ten algo especial.


UN RINCÓN DA MIÑA CASA

De vez en cando vou insinar  algún rincón da miña casa.Algún detalle ou algunha peza que me goste especialmente e vou empezar por esto, que trouxen de México fai xa 9 anos.


A COCIÑA

venres, 27 de abril de 2012

BO LOOK

Góstame este look.
Góstame o gris, a elegancia do gris.




xoves, 26 de abril de 2012

CASA DE BONECAS

Sempre tiven ganas de ter unha casa de bonecas, porque a mim sempre me gustou moito xogar as bonecas e as casiñas. Agora aínda paso gañas de ter unha, ou de facela...



¡ QUE FACIL É FACER ISTA!

Se queremos algo mais permanente...


mércores, 25 de abril de 2012

CARTEL

GÓSTAME ESTE CARTEL

Vou a poñelo nos dous  despachos e pode que hasta na casa.

Pode ser unha boa forma de insppirarme, de dar ánimos eses días nos que precisas de un pulo a maiores para poder acadar o ritmo adecuado.

martes, 24 de abril de 2012

REUTILIZAMOS


Agora que estamos no cambio de temporada,  que revisamos os armarios,
e que decidimos tirar algunhas prendas de roupa,
podemos ter algunha idea como esta,
de facer mantas ou coxíns con anacos de xerseis de la.





luns, 23 de abril de 2012

DIA DO LIBRO



Hoxe é o día do libro e non queria deixar de facerlle un pequeno detalle.
Espero que vos gosten estes dous videos

ASI LIMPIABA, ASI , ASI...

             A fin de semana  dediquei un  día enteiro  facendo as paces coa miña casa.


Limpando e limpando, cuidandoa, acariñandoa e dedicandolle un pouco de tempo, tranquilo, sen ter que facer as cousas a pasar, se non facelo, a conciencia, pero sobre todo con moito mimo.
E ordear  e  ordear  e poñer cada cousa no seu sitio.


domingo, 22 de abril de 2012

PON PONS

En algún momento me poñerei a facer pon-pons e a utilizalos para algo, por que me encantan. Aquí aparece unha forma faciliiiisima de facelos


 E agora que sabemos facelos mans a obra para usalos de moitos modos




Tamén  como adornos nos paquetes de agasallos






venres, 20 de abril de 2012

SEGUIDORES

Fai ben pouco que fago este blog, non teño constancia de que ninguén a parte de min sepa da súa existencia.Sin embargo creo que as visitas que levo non son todas miñas. E nas estadiásticas aparecen entradas dende incluso outros paises.
Queria pedir un favor a aquelas persoas que por casualidades da vida atoparan este sitio que me manden algún comentario porque me fai unha ilusión terrible saber que hai alguén ó outro lado.

¡¡¡¡¡¡  MOITAS GRAZAS POR ANTICIPADO   !!!!!

xoves, 19 de abril de 2012

TALLER DE LUNA

Acabo de descubrir que Mónica, a mamá de Pilar E Marcos, ten unha páxina web, dende a que mostra o seu traballo "handmade" estupendo, ademais de fotografias.
Quero facerlle un pouco de publicidade, aínda que en estes momentos esteña en PAUSE



                                                                      TALLER DE LUNA

Se queredes facerlle unha visita e disfrutar co seu traballo clicade no enlace anterior.

mércores, 18 de abril de 2012

CAMISETA DECORADA

Con unha camiseta básica de Zara podemos customizala o noso gosto,  poñendolle adornos ou imaxes que nos gosten.
 Atopei unhas imaxes interesantes

Pero creo que me vou a decidir por algo así, cambiando o nome


EN CANTO A TEÑA FEITA XA A MOSTRAREI

martes, 17 de abril de 2012

PARQUES INFANTILES

Como todo o mundo que ten nenos pequenos, chupamos moitas horas de parque. Tanto si é o de barrio, no que estamos con frecuencia, como os que descubrimos estando de viaxe suelen ser bastante iguais. Pero aqui descubrin uns columpios expectaculares. Mirade se non alucinantes estes   columpios daneses (clicade no enlace si queredes ver mais)

luns, 16 de abril de 2012

NECESITO RECURSOS

Eatá claro que necesito aprender a utilizar recursos para ir facendo o blog mais atractivo. Como editar imaxes, presentacións ou similares. As veces intento entrar en algunha páxina ou tutorial paro case que todos están en ingles e sempre me  atopo  con dificultades.

                      
     
    http://www.microsofttranslator.com/bv.aspx?from=&to=es&a=http%3A%2F%2Fwww.puglypixel.com%2Fcategory%2Ftutorials


No anterior enlace atopei algúns documentos interesantes pero  vaime levar tempo descubrir como utilizalos.¡ A todo chegaremos !

domingo, 15 de abril de 2012

DECORAR AGASALLOS

A papeleria en xeral, é unha das miñas  debilidades, e descubrín como poñela en práctica e que chame a atención.
Cada vez que os nenos teñen un cumple agasallamos con contos ou libros dos que suelo ter acumulados na bolsa dos agasallos esperando oportunidade de ter dono. Merco lotes cando veñen os barateiros ó cole, gardoos na despensa dos agasallos e cando xurde unha oportunidade sempre teño para sair do paso.
Selecionamos o conto según idade e preferencias e facemos un paquete moi bonito. Acaba  sendo éxito seguro.
Xa copiamos ideas en varias ocasións. Aquí hai algúns exemplos sinxelos de facer, con pucos materiais e moi bonitos



luns, 9 de abril de 2012

VOLTA A EMPEZAR!!!

Despois duns dias de relax nos que houbo de todo voltamos a estar na casa organizando de novo a vida, as compras, a casa,o traballo...
Estes dias foron de contrastes porque tanto me rin moito como chorei. Como a vida mesma chea de bos momentos e de situacións desgraciadas, que a vida nos pon nocamiño e que temos que pasar.

Agora na casa toca organizar a primavera, que xa está aquí. ¡E os armarios!

       RENOVANDO ESPACIO NO ARMARIO

¡EN ESO ESTAMOS!

venres, 6 de abril de 2012

O VIDEO MAIS BONITO DO PLANETA



MUY MOLON, un dos meus lugares mais inspiradores e bonitos.


Disfrutade con este video porque me parece expectacular, e a música unha pasada
video

HOXE TOCA MODA


MIRADE O VIDEO
Que é a moda? Creo que aqui está definido. Ver cousas, ideas, tendencias da vida real e adaptalas, tranformalas e personalizalas a cada un. Podes ser calquera, podemos ser todos.


xoves, 5 de abril de 2012

TALLERES

Encántame facer costura, bolillos, manualidades, con papel, estampados,..... Necesitaria un espazo para ter todo colocado e non ter que recoller cousa por cousa cada vez que traballo en algo.
Gostariame ter algún lugar así: