DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 18 de xaneiro de 2016

CASA ROSALIA


Que vos parece esta imaxe?
Gústavos este rincón?

Pois e parte do meu apartamento CASA ROSALIA, e está disposto para alugar  por temporadas en varios portais por internet:



Xa vos mostrarei máis fotos, o antes, durante e  despois, porque todo o proceso de cambio e decoración  estamos a facelo nos e está a levar moito tempo e esforzo, 
Pero está quedando moi ben.


domingo, 10 de xaneiro de 2016

A ADOLESCENCIA QUE NOS ESPERA


Debería estar preparada, pero no, ... 
un adolescente comezou "a abrir portas na casa".
Este curso comezamos unha nova etapa, novo cole, novos horarios, .... 
e NOVA PERSONALIDADE?

Xa comencei a agobiarme pensando en como afrontar esta nova etapa que promete ser longa e difícil.
E comencei  por informarme lendo algún libro:

- El talento de los adolescentes, de J Antonio Marina. Que nos mostra o funcionamento cerebral nesta etapa do desenvolvemento e as grandes posibilidades que ten.



Adolescentes, manual de instrucciones, de Fernándo Alberca. Libro moi práctico e que nos da grandes e pequenos consellos. Quédome co seguinte: hai que darlles o que eles non teñen, esto é  ser pacientes cando eles son impacientes, serenos cando eles son inquedos, comprensivos cando eles son desesperantes, e ter claro que aínda así os pais e nais perfectos non existen.


Cheguei a dúas conclusións moi básicas:  a primeira é querelos máis ca nunca e facerllo saber pese aos malos momentos.  e a segunda que todo pasa e que mentras tanto é moi bo  usar o sentido do humor.

Por si hai alguén que aínda non veu o video de Carles Capdevila no evento de Barcelona de Gestionando hijos,  aquí vos deixo o enlace.


E tampouco nos debemos esquecer do pasado, do noso pasado.


PENSAMENTO CREATIVO PARA PAIS (e nais)

PENSAMENTO CREATIVO PARA PAIS (e nais)


Estou apuntada nun curso de creatividade para pais (e nais) que vai a dar  Núria Pérez (sparksandrockets), a través do portal de cursos de HELLO CREATIVIDADE
Estou emocionada e desexando empezar.


sábado, 9 de xaneiro de 2016

A PRENDA DA TEMPORADA

Comezaron as rebaixas e é bo momento para facerte cun abrigo ou chaquetona de paño, que está sendo a prenda desta temporada outono-inverno.

Hasta o de agora as temperaturas foron benignas pero comezamos o ano con temporal, choiva e frio, polo que hai que abrigarse!





ALMANAQUE 2016


Neste blogue TUTTICONFETTI podedes atopar cousas preciosas e ademais un almanaque para 2016, descargable e gratis que é unha preciosidade.

venres, 8 de xaneiro de 2016

BENVIDO 2016

Comezamos ano e como todos e todas teño novos propósitos...
Eu este ano quero "ORDENAR" as miñas cousas, a miña casa e a miña vida.
Acabo de ler o libro de MARIE KONDO  "La Mágia del orden".


Estou inspiradísima.
Non creo que  acabe desacéndome de todo o que debera e que o método Konmari aconsella, nin que remate falando coa casa ou as miñas pertenencias ... pero vaime vir moi ben para despexar armarios e para a  miña saúde mental.