DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

CUARTO DE NENOS E NENAS

O QUE DEBE TER UN CUARTO DE NENOS E NENAS

Creo que os cuartos dos nenos deben de ter unhas cantas cousas imprescindibles.
Algúns dos que me gostan e me inspiran son estes (todas as imaxes son sacadas de Pinterest):

1. A CAMA


2. ESTANTERIAS PARA AS SUAS COUSAS



3. MESA DE TRABALLO

4. RINCÓN INTIMO E INSPIRADOR

5. ESPAZO LIBRE PARA XOGAR

E tamén me parece importante que teñan un espello e un lugar onde expoñer os seus traballos e obras de arte, e letras co seu nome ou inicial.

luns, 19 de xaneiro de 2015

OUT TO SEA

OUT TO SEA
THE PLASTIC GARBAGE PROJECT


O PROXECTO DOS RESIDUOS DE PLÁSTICO.

Marcelo asiste dende fai uns meses a un Taller de Enriquecemento chamado  EUREKA+.
Hasta o de agora traballaron aspectos da natureza, biodiversidade,...
Como fin de temática da actividade fomos de excursión a Vigo, xa que na FUNDACIÓN BARRIE, hai unha exposición estupenda sobre o lixo plástico que frota polos nosos mares formando grandes illas de basura, con todo o que iso acarrea para todos nos.
A exposición está hasta o 1 de Marzo e merece a pena visitala.
Se queres saber máis  aquí  e aquí.


Como remate final realizamos un taller, no que  realizamos un autoretrato, con material de refugallo.
E este foi o resultado de Marcelo e Sabela (Sabela tamén foi aínda que non participa nos talleres).

Foto mala,malisima, sacada co movil.

sábado, 17 de xaneiro de 2015

AS CÁLIDAS CHAQUETAS DE LÁ

A calidez e comodidade das chaquetas de lá tamaño maxi, non se pode igualar a nada.

foto pinterest

mércores, 14 de xaneiro de 2015

BULBOS

Como cada ano teño pensado prantar bulbos: tulipanes, narcisos,...
Esta idea de facelo sen terra gustoume moito.

Idea sacada deste  blogue  de xardineria.

venres, 2 de xaneiro de 2015

BENDITOS MOÑOS

É unha verdadeira sorte que esteñan de moda os moños.
 Eu que, neste momento, teño o pelo que nin rizo que nin liso e ademáis son torpe por natureza
o do moño é un recurso do máis socorrido.