DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

venres, 18 de abril de 2014

OS INVENTOS DO AVÓ

O meu avó Laxe era carpinteiro de profesión e a pesar de traballar en moitas outras cousas ao longo da súa vida, dende que se xubilou voltou a ser carpinteiro.
 E así é como eu o recordo.
Na casa habia unha bodega, que nos chamabamos "O almacén" no que tiña o seu lugar de traballo e o seu banco de carpinteiro.
Nos estantes tiña clavadas latas e botes de cristal no que tiña puntas, tuercas, tornillos, ferros e ferriños que gardaba por sempre podian server para algo.
Cando vin esta imaxen recordei ao meu avó Laxe e o seu taller de carpinteiro.





Ningún comentario:

Publicar un comentario